Consellos de seguridade da Policía Nacional, Espazo +60 Ourense

Nesta actividade, representantes da Policía Nacional ofrecerán unha serie de recomendacións e boas prácticas sobre como manterse seguro en diversos ámbitos da vida cotiá. Trataranse as seguintes áreas:
- Seguridade no banco: Medidas para utilizar os caixeiros automáticos e os trámites bancarios da forma máis segura.
- Seguridade no fogar: asesorarase sobre como protexer a vivenda, incluíndo medidas preventivas contra roubos.
- Seguridade no ámbito familiar e residencial: Aquí afondaremos en como evitar situacións de perigo dentro do fogar.
- Seguridade na rúa: proporcionaranse recomendacións para manterse alerta e seguro cando se pasea pola cidade.
Actividade gratuíta. Inscríbete en Espazo +60 antes do 4 de novembro.