• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Conferencia-taller con RAFA GUERRERO. Os efectos do estrés sobre o cerebro na infancia, en Vigo

Cultura Xornadas e conferencias Profesorado Xeral Familias Escolares Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Conferencia-taller con RAFA GUERRERO. Os efectos do estrés sobre o cerebro na infancia, en Vigo
  • 30-03-2023 30-03-2023 Conferencia-taller con RAFA GUERRERO. Os efectos do estrés sobre o cerebro na infancia, en Vigo Novo encontro co experto en Psicoloxía Educativa, colaborador de El País, ABC ou La mente es maravillosa e 234 000 seguidores no Instagram Sede Afundación Vigo Policarpo Sanz, 24 - 26. Vigo (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24 - 26. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    30 MAR 2023

  • Horario:

    18.30 h

  • Entrada:

    Gratuíta

O 30 de marzo chega o especialista Rafa Guerrero a Vigo, no marco do noso ciclo Educación s. XXI, con dúas conferencias-obradoiro sobre infancia e adolescencia. 
  • "Os efectos do estrés sobre o cerebro na infancia" | conferencia - obradoiro para familias e profesorado | 30 MAR | 18.30 h | Sede Afundación Vigo 

    Ao nacer, o ser humano ten un cerebro extremadamente inmaduro e maleable, o que fai que todo estímulo, contexto e persoa coa que ten relación afecte ao seu desenvolvemento nunha dirección ou noutra.

    Nesta conferencia veremos como se desenvolve o cerebro na infancia, que consecuencias ten a sobreestimulación e como impactan os traumas. 

    INSCRICIÓNS AQUÍ
 
Ademais, haberá outro encontro pola mañá para adolescentes:
  • "A miña tormenta cerebral na adolescencia" | conferencia - obradoiro para adolescentes | 30 MAR | 11.30 h | En presencial e streaming

    Coñecer como funciona o cerebro na adolescencia é clave para as mozas e mozos que estamos a pasar esta etapa, achega luz e comprensión sobre determinados comportamentos, pensamentos e emocións que temos e que quizais non entendemos. É importante saber por que en moitas ocasións sentimos un balbordo de emocións. Esa autocomprensión levaranos a saber xestionar mellor a nosa forma de actuar no presente, e marcará o noso equilibrio emocional a futuro.

    Nesta charla-obradoiro dirixida a adolescentes, Rafa Guerrero dá algunhas das claves sobre control emocional, aspectos relacionais, etc. co que entraremos de cheo a coñecer como é o cerebro nesta marabillosa idade de cambio, cal é a diferenza coa infancia e que cousas podemos facer para controlar os impulsos, entender as emocións e non perder a nosa actitude vital. Un obradoiro novo e interesante, que ofrece a posibilidade de entendérmonos a nós mesmas e mesmos, mais tamén ao resto de compañeiros e compañeiras que viven situacións semellantes.

    INSCRICIÓNS AQUÍ
 

RAFA GUERRERO

É licenciado en Psicoloxía Clínica e da Saúde pola Universidade Complutense de Madrid (UCM). Doutor en Educación. Experto en Psicoloxía Educativa. Máster en Psicoterapia Breve. Experto en TDAH, trastornos da aprendizaxe e problemas de conduta. Experto en Psicoterapia Breve con infancia e adolescencia. Experto en Clínica e intervención en trauma.

Traballou durante varios anos como orientador dun colexio concertado da Comunidade de Madrid. Exerceu de psicólogo no Centro de Atención á Diversidade Educativa (CADE). Na actualidade é director de Darwin Psicólogos e profesor da Facultade de Educación da Universidade Complutense de Madrid (UCM). Ademais, tamén imparte clases no Grao de Psicoloxía e no Máster de Atención á Diversidade e Apoios Educativos do Centro Universitario Cardeal Cisneros, pertencente á Universidade de Alcalá de Henares. É profesor do Máster Universitario en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas da Universidade Rey Juan Carlos (URJC). Autor dos libros Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividad. Entre la patología y la normalidad (2016), Educación emocional y apego. Pautas prácticas para gestionar las emociones en casa y en el aula (2018) e Cuentos para el desarrollo emocional desde la teoría del apego (2019).

Membro da Sociedade Española de Medicina Psicosomática e Psicoterapia (SEMPP). Membro do Instituto para o Desenvolvemento e a Aplicación de EMDR (IDAE). É colaborador habitual do xornal El País, o diario ABC, Gestionando Hijos, Educación 3.0 e La mente es maravillosa, entre outros medios de comunicación, ademais de figurar coma un dos grandes educadores a través das redes sociais con 234 000 seguidores en Instagram. Conferenciante en congresos nacionais e internacionais. Formador de profesorado, nais e pais en numerosos colexios e centros educativos de España.

CICLO EDUCACIÓN S. XXI

Un programa de conferencias para dar a coñecer as últimas tendencias, estudos e teorías sobre Educación a toda a comunidade escolar, desde as familias ao propio estudantado e, por suposto, ao equipo docente. Grandes especialistas xa pasaron polos nosos edificios nas distintas cidades galegas, ofrecendo o seu enfoque profesional para apoiar a educación desde a casa e desde a escola. 

MÁIS INFO AQUÍ.

Rafa Guerrero. Educación s. XXI
Rafa Guerrero. Educación s. XXI
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078