Conferencia sobre Leonardo da Vinci, Espazo +60 Vigo

O Espazo +60 Afundación de Vigo organiza, xunto ao socio voluntario Manuel San Juan Medrano, unha conferencia sobre Leonardo Da Vinci, máximo expoñente, arquetipo e símbolo do Renacemento. Florentino de nacemento, Da Vinci é un xenio universal ademais dun gran filósofo humanista cuxa curiosidade infinita só pode ser equiparable á súa capacidade inventiva. Considerado un dos grandes pintores de todos os tempos e con probabilidade a persoa co maior número de talento en múltiples disciplinas, foi arquitecto, escultor, enxeñeiro, inventor, pintor, filósofo, astrónomo, anatomista, músico, polímata, científico e escritor, polo que é o máximo expoñente do Renacemento Italiano.
Manuel San Juan Medrano exerceu profesionalmente como xefe de proxectos informáticos da Caixa de Aforros de Vigo e como director do Monte de Piedad, presidente da Federación Galega Sur de Xadrez, vicepresidente de URECA e presidente do Círculo Mercantil. Na actualidade é voluntario da AECC e colabora coa Confraría do Cristo dos Aflixidos de Bouzas. Tras xubilarse matriculouse na UNED en Xeografía e Historia e nos cursos de maiores da Universidade de Vigo. Desde hai anos participa tamén cos voluntarios de xadrez do Espazo +60 Afundación de Vigo, colaborando cos cursos que se imparten no marco da programación de actividades de "O valor da experiencia".
Entrada gratuíta ata completar a capacidade da sala. Entrada preferente para socios do Espazo+60 Afundación. Facilitarase acceso ao público en xeral, por rigorosa orde de inscrición.
Apúntate no Espazo +60 de Vigo, poñendo un correo-e a [email protected], ou chamando ao 986 120 071 ou ao 986 223 337
Esta acción forma parte do programa "O valor da experiencia" da área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como finalidade potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade, favorecer o desenvolvemento de accións interxeracionais e de voluntariado.