Conferencia: saúde e benestar. Claves para unha vida sa, Espazo +60 Coruña
O Espazo +60 Afundación de A Coruña acolle o 8 de maio unha conferencia sobre saúde e benestar. Claves para unha vida sa, que será impartida por Dulcina Gómez Araújo, fundadora e presidenta da Asociación Bienestar Natural y Social, membro do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Experta en Saúde Natural e Desenvolvemento Sostible, está formada en diferentes áreas relacionadas coa Xestión Sociocultural, a Saúde e o Benestar Social.
Nela abordaranse temas como a nutrición e a saúde, daranse claves para unha alimentación sa, consellos e ferramentas prácticas para previr enfermidades, técnicas para liberar o estrés e a ansiedade.