• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Educación financeira
      • Grand Prix
      • Xornadas e conferencias para xente nova
      • Finanzas senior
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
      • Historias vividas
      • Falamos da escola
      • Fálame da emigración
      • Manifiesto por la solidaridad intergeneracional
      • Voluntariado
    • Programas Espazos+60
      • Cultura dixital
      • Benestar físico e mental
      • Entrenamento cognitivo
      • Educación emocional
      • Aprendizaxe permanente
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Imaxe social
      • 60+ COUNTS. Día Internacional das Persoas Maiores
      • Día Europeo da Solidariedade Interxeracional
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • Asóciate
      • Vantaxes
      • Formulario de inscrición
  • Voluntariado
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Conferencia con José Antonio Marina «A educación do talento. Como poñer en acción a intelixencia». Santiago de Compostela

Educación Cultura Xornadas e conferencias Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
{evento-titulo_ga}
  • 06-02-2020 06-02-2020 Conferencia con José Antonio Marina «A educación do talento. Como poñer en acción a intelixencia». Santiago de Compostela Nunha sociedade do coñecemento, cuxa economía estará baseada cada vez máis na ciencia e na tecnoloxía, a principal riqueza das nacións é o talento. Auditorio ABANCA Preguntoiro, 23. Santiago de Compostela (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Auditorio ABANCA

    Preguntoiro, 23. Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Datas:

    6 de febreiro de 2020

  • Horario:

    19.00 h

  • Entrada:

    Gratuíta
Mercar

O filósofo, escritor e pedagogo español José Antonio Marina, ofrécenos a conferencia «A educación do talento. Como poñer en acción a intelixencia». O Auditorio ABANCA en Santiago de Compostela acolle o evento o 6 de febreiro, dentro do ciclo Educación s. XXI.

VER VÍDEO DA CONFERENCIA

O tema do momento, o que preocupa a todas as nacións, a todos os empresarios, a todos os políticos e que debería preocupar a todos os cidadáns é como podemos xerar talento? Nunha sociedade do coñecemento, cuxa economía estará baseada cada vez máis na ciencia e na tecnoloxía, a principal riqueza das nacións xa non é o territorio, nin a poboación, nin as materias primas, nin o capital: é o talento. Chamamos «educación do talento» á intelixencia triunfante, que é aquela que acerta a elixir as metas e consegue acadalas. Hoxe máis ca nunca somos conscientes da complexidade, a velocidade e o cambiante que vai ser a sociedade do mañá, pero tamén sabemos que a educación é a grande esperanza das sociedades, que temos que investir recursos nela e que ben dirixida levaranos a construír unha sociedade máis digna, xusta, onde todo o mundo poida desenvolver ao máximo as súas potencialidades.

 

Entrada gratuíta ata completar aforo.

Inscricións en Ataquilla. com

 

JOSÉ ANTONIO MARINA

O seu labor investigador centrouse na elaboración dunha teoría da intelixencia que comece na neuroloxía e remate na ética. Marina escolleu diferentes formatos para presentar os resultados das súas investigacións: libros, artigos de xornal, conferencias, guións de televisión, ou crítica literaria. Considérase discípulo de Edmund Husserl, de quen lle fascinou a súa fenomenoloxía constituínte. E recoñece a influencia na súa obra dos psicólogos Piaget, Vygotsky, e Luria. Este último introduciulno á vez na neuroloxía e na lingüística.

O seu interese pola filosofía práctica levouno a emprender diferentes proxectos educativos, sociais e empresariais, que son unha mostra do que investiga e defende na súa obra escrita. Froito deste interese, puxo en marcha o movemento de Mobilización Educativa, e é presidente da Fundación Educativa Universidade de Pais, un conxunto de proxectos que inclúe a Universidad de Padres on-line, o proxecto pedagóxico líder en parenting, que ten por obxecto axudar aos pais no proceso educativo dos seus fillos. No ámbito da Fundación puxéronse en marcha proxectos como o da revista Enerxía Creadora e Universo UP. E a Cátedra de Economía Abierta co obxectivo de abrir o campo pechado da ciencia económica a todos os cidadáns, para axudarlles a entender o seu protagonismo económico e dese xeito poder tomar decisións responsables e críticas.

Marina tamén dirixe o Centro de Estudios en Innovación y Dinámicas Educativas ( CEIDE) unha iniciativa que trata de fomentar a reflexión e a excelencia educativas, e faino procurando proporcionar unha resposta aos interrogantes esenciais da educación: Que hai que ensinar? Como debe ensinarse? Quen ha de facelo e onde?

Dirixe a Cátedra Universidad Antonio Nebrija sobre Inteligencia Ejecutiva y Educación, para estudar o modo de xerar talento. É membro do Comité Científico da Fundación Alcol e Sociedade. E é Mentor da Área Filosofía del Talento y Educación para el Talento de Human Age Institute de ManpowerGroup.

 

Máis información sobre José Antonio Marina Torres aquí.

CICLO EDUCACIÓN S. XXI

Desde Afundación poñemos en marcha este programa de conferencias para dar a coñecer as últimas tendencias, estudos e teorías sobre a aprendizaxe a toda a comunidade educativa, nais e pais, estudantes, docentes e público en xeral. Grandes especialistas xa pasaron polas nosas sedes nas distintas cidades galegas: David Bueno, Xuxo Ruiz, Sergio Castro "Profesor10demates", José Torres, Belén Colomina, Anna Sans, Anxo Carracedo, Jorge Soto, Margarita Pino, César Bona, Javier Urra, Hernán Aldana, Vázquez Taín, Teresa Viejo, Irene Villa ou Álex Rovira. Un enfoque profesional que serve de apoio a familias e á área académica, dando a coñecer varios prismas e metodoloxías.

 

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Educación financeira
    • Centros educativos
    • Área Educativa
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
    • Programas Espazos +60
    • Imaxe social
    • Espazos +60
    • Asóciate
  • Voluntariado
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Mediateca
  • Contacto
  • Tenda
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078