Conferencia de CONCHA MONJE. CICLO INTELIXENCIA ARTIFICIAL na Coruña
__narrow.jpg)
O xoves 19 de xaneiro Concha Monje trae a conferencia «Retos para a convivencia humano-robot» á Sede Afundación da Coruña, no marco do ciclo de encontros sobre Intelixencia Artificial que programamos con motivo da exposición AI: More than human.
CONCHA MONJE
É catedrática da Universidade Carlos III de Madrid, dirixe actualmente proxectos nacionais e europeos sobre o desenvolvemento de robots asistenciais, e colabora na sección científica do programa de radio Julia en la Onda. É especialista en robótica e control de sistemas e directora do Center for Aeronautical Training and Services (CATS), da Universidade Carlos III de Madrid.
A experta clausurará o ciclo con esta charla na que se abordan os principais retos da robótica e as súas principais influencias no mundo actual e futuro. Falarase de robótica humanoide, social e asistencial, coñecida como robótica branda, e do seu impacto nos sectores máis importantes da sociedade. E todo iso cun denominador común: a investigación desenvolvida polo grupo de investigación RoboticsLab da Universidade Carlos III de Madrid.
A robótica branda pode acadar espazos incribles, como por exemplo, traballar en zonas de escombros e soportar vibracións sen alterar a súa funcionalidade e incluso dispoñer de capacidades “autorrexenerativas”. Tamén conta con outros usos no ámbito da cirurxía ou en escenarios onde se require unha manipulación alternativa ás garras duras, situacións en que se necesitan membros que abracen con extremidades moldeables que se adapten ao corpo da persoa ou obxecto que fosen a trasladar.
A robótica asistencial, a que salva vidas, poderá suplir e potenciar parte dos nosos órganos e membros. Un dos retos máis importantes é a integración destes elementos a nivel cerebral.
A futuro, cando poidan as interfaces neuronais conducir estes robots “brandos”, as posibilidades serán infinitas.
Esta actividade enmárcase na iniciativa «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos e que pretende contribuír con alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. As persoas que asistan ás conferencias poderán colaborar doando alimentos non perecedoiros ao acceder ás actividades.