• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Conferencia con PATRICIA GARCÍA, "A súa imaxinación non ten límites, a túa tampouco", en Ferrol

Cultura Xornadas e conferencias Profesorado Xeral Familias Escolares Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Conferencia con PATRICIA GARCÍA,
  • 27-10-2022 27-10-2022 Conferencia con PATRICIA GARCÍA, "A súa imaxinación non ten límites, a túa tampouco", en Ferrol Patricia García, docente e finalista dos Premios Educa ABANCA, dános as claves do seu método de ensino. Co ciclo EDUCACIÓN S. XXI Sede Afundación Ferrol Praza da Constitución s/n. Ferrol (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Ferrol

    Praza da Constitución s/n. Ferrol (A Coruña)

  • Datas:

    27 OUT 2022

  • Horario:

    19.00 h

  • Entrada:

    Gratuíta

Nova conferencia do ciclo EDUCACIÓN S. XXI con Patricia García, finalista dos Premios Educa ABANCA 2021, o 27 de outubro na Sede Afundación de Ferrol para falarnos da súa particular forma de achegar coñecemento ao seu alumnado a través da creatividade.

 

Inscricións AQUÍ de balde!

 

Hai anos pregunteime: Por onde empezo?, que necesitan?, que necesito?…

Despois de moito pensar e de equivocarme, decidín ser fiel a min mesma e comecei a usar a fantasía como medio de aprendizaxe. Levo anos adornando a súa realidade. Gustaríame que non se entendese a palabra adorno de forma literal. Non quero que se interprete como un simple decorado, un doce papel para envolver un agasallo; senón como un medio que nos convide a facer, lograr que esperte a curiosidade sen saber moi ben se estamos a xogar, crear, experimentar ou a aprender.

Este xogo de imaxinar e crear lévame a defender e a loitar polas aulas temáticas e a creatividade no noso alumnado, entendendo a creatividade como un medio de vida, non só no ámbito da educación; senón para pensar de forma creativa. Na miña aula non falta o pensamento creativo.

Ser creativo non é unha tarefa doada polo que debemos facer un grande esforzo para ser flexibles no noso pensamento e evitar xulgar precipitadamente ou aferrarnos ao seguro. Para iso non debemos conformarnos con ser un máis. Isto é o que debemos transmitir ao noso público, aos nosos alumnos e alumnas. Debemos falarlles do poder que hai nas nosas mans e do poder de crer en algo firmemente para logralo, pero para defender algo hai que sentilo en primeira persoa. Aí é onde entra en xogo un traballo persoal como docente de desenvolver o seu pensamento creativo.

Necesitamos darlle un envorco á perspectiva tradicional. A educación está centrada en contidos e non deixa espazo para as habilidades de pensamento, por tanto, tampouco para a educación creativa. Se te fixas, non estou a quitar os contidos da realidade escolar, senón que poño un espazo para as outras habilidades. Non poderiamos chegar a potenciar o pensamento creativo sen desenvolver previamente habilidades básicas, por iso a miña intención non é obviar, senón complementar.

Neste encontro trataremos o pensamento creativo e as súas múltiples posibilidades dentro da aula. Para comprender a práctica temos que abordar unha serie de nocións teóricas básicas que serán reforzadas con dinámicas individuais e grupais.

O obxectivo será levarnos un coñecemento teórico sobre o que estamos a facer e unha variedade de propostas para poder inicialo desde xa nas nosas aulas ou nos nosos fogares educativos, sen escusas. Eliminaremos eses tópicos tan necesarios:

“Sempre o fixemos así”

“Iso é a teoría, pero a práctica é outra cousa”

“Non é a nosa responsabilidade”

“Eu non me considero creativa/ou”

PATRICIA GARCÍA FIGUEROA, mestra, psicopedagoga e defensora da creatividade.

Emprendeu o seu fogar educativo fai nove anos en Redondela, o que comezou sendo un pequeno espazo de aprendizaxe, é actualmente o seu motor de vida, o seu lugar onde compartir o seu modo de entender a educación e un medio para contaxiar os máis pequenos e as súas familias de maxia e fantasía.

Día a día pon o seu gran de area para axudar cada tarde no rendemento e dificultades académicas dos seus alumnos e alumnas achegando nas súas clases pensamento creativo e desenvolvendo proxectos temáticos baixo escenarios e decorados, usando como medio de creación a reciclaxe.

A súa misión é crear estudantes con criterio propio, con capacidade de reflexión, decisión, eliminando prexuízos e desenvolvendo un pensamento fluído e flexible, mostrándose ela mesma como modelo de orixinalidade, compromiso, constancia e esforzo.

“A docencia non é destacar, senón ser lembrada”

Actualmente participa en formacións para o profesorado en congresos e centros escolares. Creou o seu espazo virtual fai seis anos sendo este unha oportunidade para chegar a máis amantes da educación e mostrar a súa visión dela.

Recentemente publicou o seu primeiro libro CREE EN TI PARA CREAR. Manual sobre el pensamiento creativo.

 

CICLO EDUCACIÓN S. XXI

Un programa de conferencias para dar a coñecer as últimas tendencias, estudos e teorías sobre Educación a toda a comunidade escolar, desde as familias ao propio estudantado e, por suposto, ao equipo docente. Grandes especialistas xa pasaron polos nosos edificios nas distintas cidades galegas, ofrecendo o seu enfoque profesional para apoiar a educación desde a casa e desde a escola. 

MÁIS INFO AQUÍ.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078