• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Educación financeira
      • Grand Prix
      • Xornadas e conferencias para xente nova
      • Finanzas senior
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
      • Historias vividas
      • Falamos da escola
      • Fálame da emigración
      • Manifiesto por la solidaridad intergeneracional
      • Voluntariado
    • Programas Espazos+60
      • Cultura dixital
      • Benestar físico e mental
      • Entrenamento cognitivo
      • Educación emocional
      • Aprendizaxe permanente
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Imaxe social
      • 60+ COUNTS. Día Internacional das Persoas Maiores
      • Día Europeo da Solidariedade Interxeracional
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • Voluntariado
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Concerto e coloquio AINHOA ARTETA no festival IKFEM 2020. Tui e en AfundaciónTV

Xeral
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
{evento-titulo_ga}
  • 07-10-2020 07-10-2020 Concerto e coloquio AINHOA ARTETA no festival IKFEM 2020. Tui e en AfundaciónTV A soprano vasca actúa co recital «Canciones del recuerdo» e ofrece un coloquio o día previo. Poderás vela desde AfundaciónTV AfundaciónTV . Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    AfundaciónTV

    .

  • Datas:

    7 OUTUBRO 2020

  • Horario:

    21.00 h

Ainhoa Arteta, unha das voces imprescindibles do panorama operístico actual, ofrecerá un concerto que se emitirá o 7 de outubro ás 21.00 h en directo en Afundación TV, de forma gratuíta; e un coloquio o día previo. O recital, titulado «Canciones del recuerdo», desenvolverase no Teatro Municipal de Tui no marco do International Keyboard Festival Masterclass da Eurocidade Tui – Valença (IKFEM) e contará coa participación de, ademais da soprano vasca, Javier Carmena ao piano. Trátase dunha viaxe polas cancións do recordo con grandes autores do repertorio español como Enrique Granados, Antón García Abril e Ernesto Halffter, e os arxentinos Carlos Guastavino e Ariel Ramírez.

 

As entradas para este evento no Teatro Municipal de Tui están dispoñibles en Ataquilla.com.

 
O día previo, Afundación TV organizará un coloquio con Ainhoa Arteta no que todas as persoas inscritas terán a opción de participar interactivamente a través das plataformas habilitadas para tal fin por parte da Obra Social de ABANCA.

 

Este concerto enmárcase no festival IKFEM, o Festival de Teclado da Eurocidade Tui – Valença, que acada con esta a súa oitava edición, e que nesta ocasión se actualiza a raíz da situación de pandemia cunha proposta de IKFEM Dixital. Así, os días 3, 5, 6, 8 e 9 de outubro están previstos concertos que, de forma online, ofrecerán artistas, moitos deles novos valores a quen este festival impulsa na súa carreira musical, que dalgunha maneira se viron afectados pola COVID-19. A convocatoria para poder participar está aínda aberta en www.ikfem.com.

 

AINHOA ARTETA é unha das sopranos máis recoñecidas internacionalmente, con actuacións nos mellores teatros do mundo. A voz da soprano vasca está cargada dunha intensidade e emoción que incrementan a excelencia técnica característica de Arteta. As súas representacións foron aplaudidas desde o Metropolitan Opera ao Carnegie Hall, Covent Garden, Bayerische Staatsoper ou a Scala de Milán, entre outros.


Representou papeis tan emblemáticos e esixentes como os protagonistas de La Traviata, La Bohème, Roméo et Juliette ou Manon Lescaut. Entre os seus grandes éxitos destacan o seu papel en Cyrano de Bergerac, na San Francisco Opera e no Teatro Real, ou La Bohème, no Metropolitan e La Scala de Milán. Ademais de recitais e concertos, compartiu a escena con grandes mestres coma Sir Neville Marriner, Christian Badea e Pablo González, e con pianistas como Marco Evangelisti, Rubén Fernández Aguirre e Malcolm Martineau. O seu interese pola versatilidade e a creatividade, conduciuna tamén a actuar na Casa Branca e a ser a voz do tema principal da película Gun City, dirixida por Dani de la Torre e protagonizada por Michelle Jenner, Adriana Torrebejano, Luis Tosar e Jaime Lorente.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Educación financeira
    • Centros educativos
    • Área Educativa
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
    • Programas Espazos +60
    • Imaxe social
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • Voluntariado
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078