Concerto dramático da REAL FILHARMONÍA DE GALICIA con Tamar Novas e Inés Salvado, en Vigo
O Teatro Afundación de Vigo acolle no seu escenario o 9 de xaneiro un concerto dramático da Real Filharmonía de Galicia, protagonizado por Tamar Novas e Inés Salvado. O inconformista é o título desta obra dirixida por Roberto Baltar e con dramaturxia de Lorena Conde.
Colle xa as túas entradas en Ataquilla.com, AQUÍ.
Este concerto forma parte do proxecto solidario CULTURA POR ALIMENTOS, a través do cal podes colaborar cos bancos de alimentos locais, achegando unha doazón de produtos non perecedoiros cando accedas ao recinto. Grazas!
En colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, FESBAL.
Máis información AQUÍ.
PROGRAMA
ROBERTO BALTAR, director
TAMAR NOVAS, actor
INÉS SALVADO, actriz
LORENA CONDE, dramaturxia
EDVARD GRIEG (1843-1907)
Peer Gynt: Suite No.1, op.46
I.Morning (Morgenstemning)
II.Ases Death (Ases død)
III.Anitras Dance (Anitras dans)
IV.In the Hall of the Mountain King (I dovregubbens hall)
Peer Gynt: Suite No.2, op.55
I.Abduction of the Bride & Ingrids Lament (Bruderovet, & Ingrids klage)
II.Arabian Dance (Arabisk dans)
III.Peer Gynts Homeward Journey (Peer Gynts hjemfart)
IV.Solveigs Song (Solveigs sang)
Día de voda en Troldhaugen, op. 65, No. 6 (F. J. Breuer)
Duración aproximada do concerto: 75 minutos (sen pausa)
Pregámoslle ao público que non faga fotografías e que desconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc.
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Créase no ano 1996 en Santiago de Compostela, e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia, na cidade de Santiago de Compostela. Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes. Baldur Brönnimann é, desde 2023, o seu director titular e artístico e Sebastian Zinca o seu director. Coa orquestra colaboran os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas de todo o mundo.
A RFG está comprometida en achegar a música clásica a todo o territorio galego, aos públicos máis novos e destaca, ademais, o seu compromiso co patrimonio musical galego. Xestionada polo Consorcio de Santiago, a RFG está financiada pola Administración Xeral do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.
Este concerto forma parte da TEMPADA DE ABONOS DE CLÁSICA Afundación 2025, pola cal podes facerte cun paquete de recitais de música clásica no Teatro Afundación de Vigo desde xaneiro a xuño con prezos axustados, desfrutando de descontos ata do 30 %.
Entra e infórmate de toda a programación AQUÍ.
Aproveita para visitares a nosa axenda web e infórmate de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes ou entra na nosa billeteira online Ataquilla.com para máis actividades escénicas.