Club de lectura, Espazo +60 Ourense
O club de lectura do Espazo+60 Afundación de Ourense, dirixido por Nora Sola, remata o mes de maio a súa actividade. O día 15 haberá unha sesión habitual ás 18.30 horas e o día 29 participarán na programción de actividades da Feira do Libro de Ourense (feira encadrada dentro das Feiras de Galicia). Este día a actividade realizarase nas instalacións da Feira do Libro.
Esta actividade enmárcase na liña estratéxica “O valor da experiencia” da Área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como obxectivo ampliar as oportunidades de participación e de contribución social das persoas maiores, aproveitando o seu talento e a súa experiencia vital e profesional, a través de programas de voluntariado.
Prazas limitadas. Apúntate no Espazo +60!