Filme WALL-E na Coruña

Wall-E é a nova proposta dentro do ciclo de cinema sobre intelixencia artificial que programou Afundación, a Obra Social de ABANCA, no marco da mostra internacional interactiva «AI: More than Human». Un proxecto expositivo, que chega por primeira vez a España e o fai nun momento no que este campo cobra un relevo máis significativo para Galicia, se cabe, coa flamante elección da Coruña como Sede da Axencia Europea de Intelixencia Artificial.
Poderá visitarse na Sede Afundación ata o vindeiro 5 de febreiro. O ciclo está composto por dez películas que expoñen a relación dos seres humanos coa intelixencia artificial desde diferentes perspectivas.
Wall-E (Andrew Stanton, 2008)
A trama segue un robot da liña Wall-E, deseñada para limpar o lixo que cobre a Terra despois de que fose devastada e abandonada polo ser humano nun futuro afastado. Tras isto, namórase de EVA, unha robot tipo sonda e combate, que é enviada ao planeta Terra para investigar se existen indicios de vida, o cal significaría que o lugar pode ser novamente habitado pola humanidade. Unha vez que consegue o seu obxectivo e atopa unha planta, EVA diríxese axiña á nave da que proveu, Axioma, polo que Wall-E séguea ao espazo exterior nunha aventura que cambia o destino de ambos para salvar a natureza e a humanidade.
Este ciclo enmárcase no programa «Cultura por alimentos», unha iniciativa da Obra Social de ABANCA en favor de FESBAL. Así, o acceso a cada unha das sesións será a cambio da entrega dalgún alimento non perecedoiro que irá destinado ao banco de alimentos local. É necesario realizar unha reserva previa na web Ataquilla.com.