Filme HER na Coruña

Her
Spike Jonze | Estados Unidos | 2013
126 min | NRM 12 | V.O. Subtitulada Castelán
Nun futuro próximo, Theodore, un home solitario a piques de divorciarse que traballa nunha empresa como escritor de cartas para terceiras persoas, compra un día un novo sistema operativo baseado no modelo de Intelixencia Artificial, deseñado para satisfacer todas as necesidades da persoa usuaria. Para a súa sorpresa, créase unha relación romántica entre el e Samantha, a voz feminina dese sistema operativo.
Reserva previa en ataquilla.com. A butaca poderase reservar ata 10 minutos antes do inicio da proxección e a partir dese momento o acceso será por orde de chegada ata encher a capacidade.
IMPORTANTE: O acceso a cada unha das sesións será a cambio da entrega dalgún alimento non perecedoiro, que irá destinado ao banco de alimentos local. Abaixo máis información.
No marco da mostra que leva o mesmo nome, e que ata o 5 de febreiro se poderá visitar na sede de Afundación, prográmase este ciclo de cinema composto por dez películas que, baixo moi distintas arestas, expoñen a relación dos seres humanos coas intelixencias artificiais.
A intelixencia artificial é a tecnoloxía do porvir, os avances tecnolóxicos en robótica e intelixencia artificial fixeron que cada vez estean máis preto as “máquinas intelixentes”. Estes robots, que pertencían ao terreo da ciencia ficción, son xa unha realidade. Pero, será posible que desenvolvan habilidades próximas á consciencia humana? Que pasará cando isto ocorra? Teñen dereitos e obrigas legais os robots e máquinas?, todas elas son cuestións que se deixan abertas para a reflexión.
Películas incluídas no ciclo:
Ex Machina - 23 xaneiro | 19.00 h
A.I. Intelixencia artificial (A.I. Artificial Intelligence) - 30 xaneiro | 19.00 h
Este ciclo enmárcase no programa CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos).
Suxerimos os seguintes alimentos de maneira prioritaria:
- Alimentos en conserva
- Leite
- Aceite
- Alimentos infantís