Ciclo de conferencias "Engadindo VIDA aos ANOS" (ou como cumprir anos de xeito saudable)
Afundación colabora coa SEMG (Sociedade Española de Médicos Generales e de Familia) na celebración deste ciclo de conferencias enmarcadas no 30º Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia.
4 de xuño - Envellecemento saudable
Dr. José Carlos Bastida Calvo
Coordinador do Grupo de Traballo en Artrose-Osteoporose
España conta cunha esperanza de vida das máis altas do mundo. Envellecer é parte do proceso de vida, polo que debemos prepararnos e aprender uns comportamentos para construír unha vellez con benestar e satisfactoria. Os segredos para un envellecemento positivo correspóndense coas decisións persoais de optar por un estilo de vida saudable.
Hai unha serie de factores a ter en conta:
- Saúde e calidade de vida
- Desenvolvemento da vida
- Enfermidades
- Influencia do contorno
- Adaptación progresiva, preparándose para o envellecemento
Desenvolver e manter habilidades funcionais que permitan o benestar nas persoas maiores:
- Actividades cognitivas
- Estar ocupados, útiles para a sociedade
- Exercicio físico
- Diversión
- Dieta
- Exames de saúde regulares
- Limitar hábitos tóxicos
- Manter peso saudable
- Sexualidade
6 de xuño - “Doutor, fállame a memoria”
(Envellecemento normal, Deterioración Cognitiva Leve e Demencia)
Dr. Alberto Freire Pérez
Coordinador do Grupo de Traballo en Neuroloxía
Desde hai 2 anos, SEMG a través do GdT de Neuroloxía colabora con CEAFA como integrante da Rede de Axentes Activos participando en actividades formativas e promocionando a web www.problemasmemoria.com
Ao comezo da conferencia daremos visibilidade a CEAFA (Confederación Española de Asociacións de Familiares de Alzheimer) dándolle protagonismo ao seu representante local, AFACO (Asociación de Familiares de Alzheimer Coruña).
- Envellecemento normal / Deterioración Cognitiva Leve (DCL / Demencia)
- DCL vs demencia
- Cribado de trastornos da memoria
- Test Cognitivos Breves (TCB)
- www.problemasmemoria.com
- Prevención da DCL
11 de xuño - Dor emocional
Dra. Juana Sánchez Jiménez
Coordinadora do Grupo de Traballo en Dor e Coidados Paliativos
- Definir a dor, analizar as súas dimensións
- Definir dor emocional
- Analizar as súas causas e síntomas
- Posicionar a dor emocional ao mesmo nivel que a dor física
- No noso cerebro non hai diferenzas entre dor física e dor emocional
- Dar recursos para recoñecer e abordar a dor emocional
- Importancia de tratar adecuadamente a dor emocional
14 de xuño - Saúde mental e envellecemento
Dr. Antonio Torres Villamor
Coordinador do Grupo de Traballo en Saúde Mental
Existe unha corrente social de achacar a maior parte dos problemas das persoas maiores ao mero feito de envellecer. Sen descartar os aspectos fisiolóxicos naturais, no área da saúde mental hai non poucos mitos e estigmas que convén descartar.
O vellismo. Mitos e estigmas.
Insomnio ou mal durmir:
- O sono na persoa maior. (Estrutura e adaptación fisiolóxica)
- Se é insomnio, tratar o síntoma ou a causa? (Hixiene do sono).
- A depresión na persoa maior. (Peculiaridades).
- Son inofensivas as pastillas para durmir?
Depresión e ansiedade.
- Melancolía ou nostalxia (Non todo é malo).
- Depresión ou tristeza natural (Diferencia).
- Ansiedade ou preocupación? (o natural non é a enfermidade)
Regras básicas:
- Afrontamento, convivencia e superación de conflitos.
- Aprender a “crecer”.
Apúntate cubrindo o formulario