• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Ciclo de conferencias EMILIA PARDO BAZÁN, DA NOVELA AO CINEMA na Coruña

Cultura Xornadas e conferencias Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Ciclo de conferencias EMILIA PARDO BAZÁN, DA NOVELA AO CINEMA na Coruña
  • 19-04-2022 21-04-2022 Ciclo de conferencias EMILIA PARDO BAZÁN, DA NOVELA AO CINEMA na Coruña Varias personalidades especialistas reúnense en abril para charlar sobre a autora e a novela negra, "Los pazos de Ulloa" en televisión e no cine Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación [email protected]on.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    19, 20 e 21 ABR 2022

  • Horario:

    19.00 h

  • Entrada:

    Gratuíta
Apúntate

Abrimos uns faladoiros sobre Emilia Pardo Bazán que se celebrarán na nosa Sede Afundación da Coruña os días 19, 20 e 21 de abril no marco do centenario do pasamento da autora.

 

INSCRÍBETE AQUÍ para asistires.

 

CALENDARIO

martes 19 ABR | Emilia Pardo Bazán e a novela negra | Lorenzo Silva en conversación con José María Paz Gago | Coordina: Tamara Montero, xornalista

Mércores 20 ABR | Los pazos de Ulloa en Televisión | Manuel Gutiérrez Aragón e Miguel Losada | Coordina: Marta Otero, xornalista

xoves 21 ABR | La Condesa Rebelde, doña Emilia no cinema | Zaza Ceballos e Susana Dans | Coordina: José Manuel Sande, Filmoteca de Galicia

 

CONFERENCIAS

Emilia Pardo Bazán e a novela negra

Un dos maiores especialistas en novela negra, Lorenzo Silva, conversa co catedrático e escritor José María Paz Gago, editor da novela policíaca de Emilia Pardo Bazán Los misterios de Selva, ata agora inédita, sobre as decisivas e prontas achegas da escritora coruñesa a un xénero tan popular e actual.

LORENZO SILVA. Tras os seus estudos de Dereito e de ter exercido a avogacía en Unión Fenosa, Lorenzo Silva converteuse nun dos autores de novela negra máis prestixiosos e lidos de Europa. Creador da parella de axentes da Garda Civil Rubén Bevilacqua e Virginia Chamorro, protagonistas de novelas como El alquimista impaciente (Premio Nadal 2000), La estrategia del agua (2010) ou La marca del meridiano (Premio Planeta 2012) acadaron un enorme éxito, cousa que tamén ocorreu coas súas adaptacións cinematográficas.

Moderadora: Tamara Montero, redactora en La Voz de Galicia, recibiu o XIII Premio Afundación de Xornalismo Francisco Fernández del Riego e recibiu unha Mención especial no LXXIX Premio Pérez Lugín de Periodismo. 

 

"Los Pazos de Ulloa" en televisión

Cunha extraordinaria repartición, a versión fílmica da novela naturalista de Pardo Bazán, emitida como serie por TVE, representou todo un fenómeno televisivo nos anos oitenta. O guionista Manuel Gutiérrez Aragón e o crítico Miguel Losada, comentarán as vicisitudes daquela rodaxe e as dificultades que representou plasmar na pantalla unha historia tan profundamente galega.

MANUEL GUTIÉRREZ ARAGÓN. Escritor, cineasta e guionista, Manuel Gutiérrez Aragón dirixiu algunhas das películas máis importantes do cinema español como Demonios en el jardín (1982), El rey del río (1996) ou a súa versión da novela  cervantina, El cabellero don Quijote (2002). É autor dos guións de filmes como Furtivos (1995) e da serie realizada para Televisión Española Los pazos de Ulloa (1985), a partir da novela homónima de Emilia Pardo Bazán.

MIGUEL LOSADA. Crítico cinematográfico en prensa, radio ou televisión e presidente da Sección de Cinema do Ateneo de Madrid, o vigués Miguel Losada é autor dos libros Cien películas para amar el cine (Frutos del tiempo, 2003), El Hollywood español (T&B, 2009) ou Vivir el cine. Ciento veinte películas que no podrás olvidar (Pigmalión, 2013). Experto na relación entre a literatura e a Sétima Arte, publicou tamén Gabriel García Márquez y el cine ou Cine y poesía. Pertence á Xunta Directiva do Círculo de Escritores Cinematográficos.

Marta Otero: Redactora do diario La Opinión da Coruña.

 

A Condesa Rebelde, dona Emilia no cinema

A través da súa protagonista, Susana Dans (dona Emilia) e da súa directora, Zaza Ceballos, descubriremos as reviravoltas do telefilme de Emilia Pardo Bazán, La condesa rebelde, extraordinaria versión cinematográfica da súa apaixonante biografía. A partir desta cinta, a espléndida interpretación de Susana Dans quedará no imaxinario dos espectadores como o tipo e o carácter da autora de La Tribuna.

ZAZA CEBALLOS. Produtora, guionista e realizadora audiovisual de longa traxectoria, tras o seu paso pola Corporación de Radio e Televisión de Galicia, fundou a produtora Zenit TV. Con esta compañía produciu e dirixiu máis de corenta filmes e series de televisión, entre os que destacan os dedicados a grandes mulleres galegas como Concepción Arenal, Juana de Vega ou Emilia Pardo Bazán, sobre a que dirixiu o telefilme La condesa rebelde (2011).

SUSANA DANS. A actriz coruñesa encarnou numerosos personaxes no teatro, a televisión e o cinema. Premio María Casares á mellor actriz secundaria de teatro por Rosalía en 2002 e por O ano do cometa en 2005 e premio Maruxa Villanueva en 2003 polo seu papel en Mulleres, interpretou inmellorablemente a autora dos pazos de Ulloa no telefilme Emilia Pardo Bazán. La condesa rebelde (2011).

 

Este ciclo enmárcase en CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación en prol de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). Accede e colabora, doando algún alimento non perecedoiro, que irá destinado ao banco de alimentos local.

Entra aquí e infórmate polo miúdo.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    so[email protected]
    986 120 078