Charla formativa sobre ciberseguridade, Espazo +60 Ourense

O salón de actos da Sede de Afundación de Ourense (Avda. Pontevedra, 9) acollerá o vindeiro 10 de abril una charla formativa sobre ciberseguridade impartida pola Policía Nacional de Ourense.
Na actualidade, vivimos nun mundo cada vez máis conectado, onde os dispositivos intelixentes están presentes en practicamente todos os aspectos da nosa vida diaria. Se ben esta interconexión ofrece unha gran comodidade e eficiencia, tamén implica importantes desafíos en termos de ciberseguridade.
Nesta charla analizarase a importancia da ciberseguridade:
- Como podemos protexer os nosos datos persoais
- Privacidade no mundo dixital
- Medidas para evitar ataques cibernéticos
- A importancia da educación en ciberseguridade
Prazas limitadas. Apúntate no Espazo +60 antes do 8 de abril.