Charla-coloquio: O meu futuro ben coidado... reflexionemos xuntos, Espazo +60 Monforte

O Espazo +60 Afundación de Monforte, en colaboración co Servizo de Traballo Social da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, organiza -dentro das súas actividades programadas para o primeiro trimestre do ano- unha charla-coloquio na que tratará os seguientes temas:
- Que é coidar?, cales son os coidados que hoxe se consideran necesarios?
- Posibilidade de ser parte activa na planificación dos coidados: opcións reais
- Vontades anticipadas
- Conversacións familiares pendentes
A charla, aberta ao público en xeral ata completar a capacidade do local, será impartida por María Luisa Sánchez González, traballadora social do Hospital Comarcal de Monforte e Isabel Sánchez Fernández, xefa do Servizo de Traballo Social da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte.