Exposición. "Castelao grafista (facsímile)". Pontevedra
Caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña, 1886 – Bos Aires, 1950) constitúe o foco desta mostra que reúne unha ampla selección das múltiples facetas desenvolvidas por el. A intención deste proxecto é divulgativa, amosando a obra e o pensamento dun dos creadores galegos máis singulares en países dos cinco continentes. Goza da exposición nun dos edificios históricos de Pontevedra, o Café Moderno Afundación, onde o político e artista desenvolveu moitas das súas famosas tertulias canda figuras do talle de Alexandre Bóveda ou Paz Andrade. Do 24 de setembro ao 23 de xaneiro de 2021.
Accede á VISITA VIRTUAL!
Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e a cultura como o fixeches sempre.
Esta exposición, producida en colaboración coa Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia, sae á luz neste 2020 en que se celebra o Centenario da Xeración Nós. O colectivo galeguista impulsou a partir de 1920 unha nova forma de analizar e exhibir a nosa cultura a través de modelos universalistas, renovando a estética ideolóxica e actualizando o uso da lingua en novos campos literarios coma o ensaio. Castelao, canda Otero Pedrayo, López Cuevillas e Vicente Risco foron os impulsores deste movemento renovador.
A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA. Así e todo, no Café Moderno Afundación poderanse ver 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais, poderase ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.
ESCOLARES
A historia con debuxos cóntase mellor. Visita-conto con obradoiro. Educación Infantil a 3º de Primaria
Pluma, papel, creatividade. Visita taller. 4º de primaria a 2º de ESO
Castelao Grafista. Visita taller. 3º e 4º de ESO, bacharelato e CF
MEDIDAS DE PREVENCIÓN COVID
-Asistencia obrigada con máscara