Concerto de CARLOS NÚÑEZ, en Vigo

Carlos Núñez estreará o seu novo disco “Celtic Sea” no Teatro Afundación de Vigo os próximos venres 22 e sábado 23 de decembro. Será toda unha festa intercelta na que participarán artistas dos principais países celtas.
Esta nova aventura musical nace navegando polas rutas da Brittany Ferries, a compañía marítima que, cunha traxectoria de 50 anos, encargou ao noso gaiteiro máis internacional a creación dunha banda sonora para celebralo, porque comparte con Carlos a paixón por conectar as culturas dos países atlánticos de Europa.