Camiño Francés (103 km)
Día 1 - 19 de xullo - Etapa Km 100 - Portomarín (10 km, 2-3 horas)
Traslado desde os Espazos +60 Afundación de Viveiro - Ferrol - Pontedeume - Coruña - Betanzos e Lugo ata o hotel en Portomarín, check in e almorzo incluído no hotel.
Recepción do grupo por parte do guía experto no camiño quen dará unha breve charla e explicará a viaxe. Comeza a túa experiencia no Camiño no km 100, xusto no mollón que indica que desde este lugar poderás obter a Compostela. Mergullaraste nunha sucesión de aldeas con casas de pedras para comezar un constante descenso ata o val do río Miño. Á outra beira atópase a vila de Portomarín. Aloxamento na Pousada de Portomarín/ Hotel Vistaalegre/ Hotel Ferramenteiro ou similar. Cea e aloxamento no hotel.
Día 2 - 20 de xullo - Etapa Portomarín - Palas de Rei (23 km, 5-6 horas)
O primeiro tramo desta etapa lévate ata Ventas de Narón, pasando antes polo castro de Castromaior. Ascenderás á Serra de Ligonde e pouco a pouco, a través de Eirexe, Portos ou Lestedo, descenderás ata a vila de Palas de Rei, na comarca de A Ulloa. Aloxamento en Casa Benilde / Complejo la Cabaña ou similar.
Pensión completa (almorzo especial + xantar lixeiro + cea no aloxamento)
Día 3 - 21 de xullo - Etapa Palas de Rei - Melide (15 km, 3-4 horas)
A etapa lévate entre carballeiras ata Coto, no límite de provincia entre Lugo e A Coruña. Só 6 quilómetros te afastan xa de Melide, atravesando antes as fermosas pontes das aldeas de Leboreiro e Furelos. Melide, fin da etapa, é un lugar ideal para descubrir a súa zona antiga, os seus melindres e o seu polbo. Aloxamento no Hotel Carlos 96 ou similar.
Pensión completa (almorzo especial + xantar lixeiro + cea no aloxamento)
Día 4 - 22 de xullo - Etapa Melide - Arzúa (15 km, 3-4 horas)
Durante esta xornada terás que percorrer dous encaixados e vizosos vales. Pasarás por Boente e Castañeda. Tras descender do río Iso, espérate un breve ascenso que te leva ás portas do obxectivo de hoxe: á vila de Arzúa. Os queixos seguen a ser protagonistas da cociña, pero tamén as exquisitas carnes e vexetais desta comarca gandeira. Aloxamento en Casa Teodora/ Pensión Domus Gallery/ Hotel Arzúa ou similar.
Pensión completa (almorzo especial + xantar lixeiro + cea no aloxamento)
Día 5 - 23 de xullo - Etapa Arzúa - Rúa (20 km, 5-6 horas)
Hoxe atoparás relevo similar, onde se alternan campos de cultivo con pequenos piñeirais e eucaliptais. Pasarás por diante da capela de Santa Irene, onde comeza un constante descenso que te leva á fermosa localidade de Rúa. Entrarás nela escoltada polas súas casas de pedra. Moi preto atópase Pedrouzo, lugar cun animado ambiente peregrino. Aloxamento en pensión Platas/ Casa do Acivro/ Hotel O Pino ou similar.
Pensión completa (almorzo especial + xantar lixeiro + cea no aloxamento)
Día 6 - 24 de xullo - Etapa Rúa - Santiago de Compostela (20 km, 5-6 horas)
A última etapa do Camiño mergúllate pola mañá nun tupido bosque. Desde aquí ascendes ata Lavacolla e, a través das aldeas de San Paio e Lavacolla, chegarás ao Monte do Gozo. Desde este punto visualizarás por primeira vez as torres da Catedral de Santiago. Tan só 5 km te separan da Praza do Obradoiro. Chegada e visita da Catedral. Fin do Camiño. Estancia no Hotel Lux/ Pombal/ Ciudad de Compostela ou similar.
Pensión completa (almorzo especial + xantar lixeiro + cea no aloxamento)
Día 7 - 25 de xullo - Tempo libre en Santiago - Volta a casa
Goza dos segredos desta cidade antes de regresar á casa. Goza do ambiente relaxado desta cidade, do seu centro histórico, os seus parques, o seu patrimonio ligado á Universidade e ao seu animado mercado. Xantar libre. Á hora acordada, traslado de regreso en autocar aos puntos de orixe, Espazos +60, segundo as rutas previstas.