Baño de bosque, Espazos +60 Betanzos e Pontedeume

Os Espazos +60 Afundación de Betanzos e Pontedeume van poñer en marcha unha nova actividade coñecida como "Baños de bosque", que consiste en dar un paseo consciente pola natureza co obxectivo de promover a relaxación, restaurar a enerxía e recobrar a vitalidade.
Realizarase unha ruta en grupo polos muíños do río Medio en Miño con diversas actividades guiadas por un profesional co fin de contribuír ao benestar físico e emocional.
Prezo: 12€. Apúntate no Espazo +60 antes do 17 de abril.