Aprende maxia e a arte de ilusionar con Pedro Volta, Espazos +60

Os Espazos +60 Afundación acollerán durante o mes de novembro obradoiros de maxia. Imaxina aprender incribles números de maxia para sorprender os teus amigos e familiares da man do ilusionista galego Pedro Volta.
Imaxina poder aprender e compartir a experiencia xuntando tres xeracións: fillos/as, pais/nais e avós/as.
Unha actividade sorprendente e orixinal con obxectos cotiáns, moedas, cartas, gomas, billetes... onde aprenderás a maxia de ilusionarte e ilusionar.
O obxectivo do obradoiro é que a experiencia sexa compartida entre pais/nais, fillos/as e avós/as. O programa do taller está deseñado para que nenos/as desde 7 anos e adultos aprendan conxuntamente algúns dos segredos da maxia para que eles mesmos se convirtan en magos por un día.
Duración do obradorio: 90 minutos
Prezo: 15€/persoa. Regalarase a cada participante unha entrada dobre para asistir á Gala Internacional GALICIA MAGIC FEST para este Nadal e un kit máxico para o obradoiro. Entre todos os asistentes sortearanse dous exemplares do libro O Pazo Máxico.
Apúntate no teu Espazo +60!
Actividade para socios dos Espazos +60 e familiares. Aínda non eres socio. Asóciate
Espazo +60 |
Data
|
Hora |
A Coruña | 30 de novembro | 18.30 h |
Ferrol | 20 de novembro | 17.30 h |
Betanzos | 29 de novembro | 18.00 h |
Pontedeume | 22 de novembro | 18.00 h |
Santiago | 28 de novembro | 18.00 h |
Monforte | 18 de novembro | 17.30 h |
Lugo | 27 de novembro | 17.00 h |
Viveiro | 16 de novembro | 17.00 h |
Ourense | 14 de novembro | 17.00 h |
Pontevedra | 23 de novembro |
18.00 h |
Vigo | 21 de novembro | 18.00 h |