Aprende como facer amigurumis, Espazo +60 Betanzos
O Espazo +60 Afundación de Betanzos organiza a actividade "Aprende como facer amigurumis", que será conducida por unha persoa voluntaria socia do Espazo +60.
Amigurumi significa peluche tinxido e é unha técnica orixinaria do Xapón, tradición artesá que forma parte da cultura Kawaii, que se traduce como bonito, tenro e que consiste en tecer pequenos bonecos con gancho.
Os amigurumis teñen forma de animais aínda que a versatilidade desta técnica permite crear infinidade de formas tanto en plano como con volume, como plantas, accesorios como bolsos, bixutería, etc.
A actividade forma parte do programa de voluntariado “O valor da experiencia” da área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como finalidade potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade efavorecer o desenvolvemento de accións interxeracionais e de voluntariado.
Prazas limitadas. Apúntate!