Antón Comodón. Actividades para escolares. Ourense
O Auditorio Municipal de Ourense acolle do 4 ao 6 de abril Antón Comodón, de L´Estaquirot Teatre, dentro da programación de Actividades para escolares 2017/2018 de Afundación. Teatro de actor e monicreques en castelán dirixido a escolares de educación infantil (3 a 6 anos).
Actividade destinada exclusivamente á comunidade escolar.
A Antón, desde pequeno, na súa casa facíanllelo todo, non era preciso que aprendese nada. Cando medrou tiña un axudante, Nicolás, que era o encargado de facelo todo. Mais un día Nicolás pensou que xa tiña bastante diñeiro e decidiu marchar ás illas Verdes. Antón non sabía vivir sen a súa axuda: nin vestirse, nin atar os zapatos, nin sequera comer só a sopa! Entón, decide emprender unha viaxe en busca do seu axudante que o cambiará por completo... Esforzo, autonomía persoal e amizade son algúns dos valores que esta historia ensina aos máis pequenos.
Como reservar:
• Prazo de reservas ata o 1 de outubro de 2017
• Solicitude a través do formulario de peticións da web escolares.afundacion.org
• Solicitude dun máximo de 150 escolares por centro e actividade (agás A Coruña e Ferrol, cun máximo de 100).
• Achega de 2 €, agás Cinema Submarino e Programa de Educación Financeira de ABANCA, gratuítos. Ingresar no número de conta: 2080 5000 61 3040323643 ES 91. Ao efectuar o pagamento, cómpre indicar o código de ingreso que se comunicará ao confirmar a actividade. Prazo de unha semana antes do comezo da actividade para efectuar o pagamento.
• Comunicación por correo-e das actividades asignadas, que deberán ser confirmadas polo propio centro a través da web.
• Guías didácticas dispoñibles na web.
Infórmate polo miúdo no 986 120 089 e 986 120 078 ou en escolares.afundacion.org