Andaina Couto Mixto e Camiño Privilexiado, Espazo +60 Ourense
O Espazo +60 Afundación de Ourense organiza o vindeiro xoves 11 de abril unha andaina polo Couto Mixto. O Couto Mixto foi un microestado entre España e Portugal, independente de ambos os reinos e que gozaba de diversos privilexios: o autogoberno, a exención do servizo militar, dos impostos, o dereito a portar armas, selos postais oficiais, podían outorgar asilo aos prófugos da xustiza, excepto por delitos de sangue. Asimesmo libertade de elección de nacionalidade portuguesa, española ou ser ciudadano do propio Couto Mixto. Negar acceso a cualquera continxente militar extranxeiro, derecito de paso nas estradas, libertade de comercio, libertade de cultivos.
As súas orixes remóntanse ao século XII vinculados ao Castelo de A Piconha e despois á Casa de Bragança, máis tarde á Casa de Lemos e Monterrei.
A ruta ten unha lonxitude de 11 km (sobre 4 horas aprox.) de dificultade baixa. Xantarán no restaurante Couto Mixtour, en Meaus (caldo galego, picaña, bebida, café /chopiño. Prezo: 20€ abóanse no restaurante) O desprazamento págase no autobús.
Apúntate no Espazo +60 antes do 8 de abril.