Últimos días para presentarse ao XII Premio de Poesía Afundación

Ampliamos o prazo para participar no XII Premio de Poesía Afundación. A nova data límite para a entrega de orixinais é o 3 de outubro de 2014.
Ao premio poderán concorrer obras inéditas e que non fosen presentadas a ningún outro concurso, cunha extensión mínima de 600 versos. O texto gañador recibirá un único premio de 6000 € e será publicado na colección «Arte de Trobar», editada polo Centro PEN de Galicia e Afundación.
Para máis información sobre este certame organizado por Afundación, a Xunta de Galicia e o Centro PEN de Galicia podes visitar: Premio de Poesía Afundación.