Actuación del grupo de teatro senior Afundación, Nigrán

O Auditorio do concello de Nigrán acollerá o 18 de novembro, ás 20.00 horas, a nova proposta escénica dinamizada desde o Espazo +60 Afundación A Coruña. O seu grupo de teatro, dirixido por Víctor Díaz Barús, representará a obra de teatro La molinera de Arcos, de Alejandro Casona.
En 1985 Víctor Díaz Barús, forma o grupo de teatro do Espazo +60 Afundación A Coruña, e ese mesmo ano e con motivo do XXV aniversario da inauguración do centro, debutan coa obra de Molière, Casamento á forza. No ano 1992, empezan a prodigarse con saídas e, a partir deste ano, o grupo adquire unha gran notoriedade, grazas a un vídeo promocional que se realiza co fin de entrar en circuítos culturais e que chega a distintas produtoras de ámbito estatal que solicitan algún dos seus integrantes para que pasen a ser parte de elencos de series e anuncios. Na actualidade o grupo de teatro está integrado por 16 socios, con idades comprendidas entre os 61 e os 88 anos que farán pasar un bo intre con esta obra sinxela, atractiva para todos os públicos e chea de humor.
Entrada gratuita
CORRENTE CULTURAL
Este proxecto é unha aposta de ABANCA e Afundación, a obra social de ABANCA, para espallar cultura por toda Galicia, chegando aos diferentes concellos e contando coa súa colaboración. Buscamos construír unha rede de calidade que leve novas propostas máis alá dos nosos edificios. As iniciativas que conforman este ciclo parten dunha produción de nivel, cun interese específico para a comunidade e unha estreita vinculación coas nosas tradicións e historia.