Actuación do grupo de Pandereteiras - panxoliñas de Nadal, Espazo +60 Lugo

O grupo de pandereteiras do Espazo +60 Afundación de Lugo actuarán este nadal no CEIP Paradai de Lugo, dentro do festival de nadal do centro.
Nenas, nenos e maiores compartirán a celebración festiva interpretando xuntos panxoliñas tradicionais que previamente foron ensaiadas en clase grazas ao profesorado de música do centro.
Esta actividade interxeracional enmárcase no programa O Valor da Experiencia, un programa que ten como obxectivo ampliar as oportunidades de participación social das persoas maiores e promover a interación e o diálogo interxeracional.