Acto de entrega do XXII PREMIO DE POESÍA Afundación a Miguel Rodríguez Monteavaro, en Santiago de Compostela
Miguel Rodríguez Monteavaro recibe o XXII Premio de poesía Afundación no Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela, pola súa obra Cortar pescado en Manila. No acto, o 25 de novembro ás 19.00 h, preséntase ademais a edición do poemario, cunha intervención poético-sonora do propio autor canda o músico Andrés Rodrigues.
Xa podes ver o acto de entrega na nosa canle Afundación.TV
MIGUEL RODRÍGUEZ MONTEAVARO
(Bual, Asturias, 1990) é poeta, músico e doutor en lingüística asturiana pola Universidade de Oviedo, onde traballou como docente. Publicou varios libros de poesía: Trenta razóis pra nun medrar (Trabe, 2010), Todos os tristes de mayo (Trabe, 2013), Poemas pr'amantes y paquidermos (Trabe, 2013), superpoderes (Goberno do Principado de Asturias, Instituto Asturiano da Xuventude, Trabe, 2020) e o bilingüe Oi, que dice mamá que volvas/ Hey, mom says come back (Goberno do Principado de Asturias, Impronta, 2023). Tamén gañou varios premios literarios, concursos públicos e residencias coma o XIX Premiu de Poesía Padre Galo (2012), Asturias Joven de Poesía (2019), I Premio Ría del Eo de Poesía (2021), Residencia Asturies (2021) e Residencia Artes Escénicas Laboral Cidade da Cultura (2022), entre outros. Ademais, en 2023, coa obra infantil Breve inventario dos seres escondidos e co poemario Ton (aínda inéditas) conseguiu a Axuda á Creación Literaria do Goberno do Principado de Asturias e o primeiro posto nas Subvencións á Creación do Ministerio de Cultura de España, respectivamente. Rodríguez Monteavaro é coordinador e director do Ciclu de Poesía QED, o único ciclo de poesía que existe regularmente en Asturias e no que se dan cita anualmente poetas de toda Europa. Os seus poemas, escritos orixinalmente en galego e en asturiano, foron traducidos ao español, inglés, chinés, polaco, sueco, canarés, occitano e francés.
Listado de persoas gañadoras do Premio de Poesía Afundación. PDF