Programación ESCOLARES 2020-2021

Un ano máis presentamos a axenda de actividades educativas que deseñamos como apoio ao labor dos centros escolares. Este curso 2020-2021 semella un gran desafío para todo o colectivo estudantil e docente, e por iso envorcamos os nosos esforzos en xerar unha programación con diferentes alternativas educativas, de perfil virtual ou presencial, para que cada centro elixa segundo as circunstancias e posibilidades. Cremos que neste momento, probablemente máis ca en ningún outro, o alumnado debe contar coa proximidade das artes, a cultura e a formación multidisciplinar. Desde Afundación Obra Social ABANCA queremos seguir sendo unha colaboración fiel para a comunidade educativa, coma cada ano, e neste curso ademais, estar á altura dos retos que veñen.
Así pois, a actividade planifícase para educación Infantil, Primaria, Secundaria, bacharelato e CF. E coma cada ano seguiremos ofertando interesantes conferencias para a docencia e familias co ciclo Educación s. XXI. Traeremos aos nosos edificios nas sete principais cidades galegas artes escénicas, artes plásticas e visuais, cultura científica e medio ambiente, lingua e literatura galegas, tecnoloxía e seguridade, educación financeira e actividades interxeracionais, ademais de novos enfoques educativos.
Para máis información ou reservas podes consultar o pdf ou visitar a web escolares.afundacion.org