Acompañamento dixital gratuíto, Espazo +60 Ferrol

O Espazo +60 Afundación de Ferrol pon en marcha, os meses de maio e xuño, un servizo de apoio personalizado para resolver dúbidas sobre o uso do móbil, tableta, como facer videochamadas, usar o Whatsapp, como cubrir os formularios en liña de actividades, viaxes, así como cursos gratuítos para xestionar as túas contas con Abanca móbil e aprender a usar os caixeiros automáticos.
6 de maio: seguridade e bo uso do teléfono móbil
13 de maio: compra de entradas en Ataquilla
20 de maio: formularios de inscrición: actividades, viaxes...
27 de maio: banca 24 horas para facer a túa vida máis sinxela
3 de xuño: aplicacións útiles: lector de códigos QR
10 de xuño: aplicación SERGAS
17 de xuño: xestiona as túas contas con Abanca móbil
Actividade gratuíta. Apúntate no Espazo +60!