• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Teatro UN OSCAR PARA ÓSCAR, en Vigo

Cultura Teatro Xeral De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Teatro UN OSCAR PARA ÓSCAR, en Vigo
  • 21-11-2023 21-11-2023 Teatro UN OSCAR PARA ÓSCAR, en Vigo Dentro da Tempada de Abonos de Teatro Afundación 2023, chega esta peza que se erixe coma unha homenaxe ao estilo de Miguel Mihura, combinado co espírito de Luis García Berlanga Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    21 NOV 2023

  • Horario:

    20.30 h

  • Entrada:

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial
Mercar

UN OSCAR PARA ÓSCAR
de Mario Hernández

Martes 21 NOV | 20.30 h.
1 h 30 min | Castelan | NRM 12

DIRECCIÓN: Mario Hernández
ELENCO: Jon Plazaola, Agustín Jiménez, Rebeca Sala, Mara Guil
PRODUCIÓN: Txalo Producciones e La Mandanga

 

Colle as túas entradas en ataquilla.com

 

CULTURA POR ALIMENTOS 

Coñeces o noso programa solidario? Accede a toda a información desde a nosa web para saber de todas aquelas actividades culturais que podes realizar nos nosos recintos por un intercambio de alimentos non perecedoiros, destinados aos bancos de alimentos locais, en colaboración con FESBAL, Federación Española de Bancos de Alimentos. As obras da Tempada de Abonos Afundación forman parte da rede de actividades adheridas á iniciativa, polo que te convidamos a deixar a túa doazón á entrada do edificio, no punto habilitado, cando asistas.

A ilusión compartida que nos move! Infórmate aquí

 

Estamos na cidade de Los Ángeles, o día que se celebra a cerimonia dos Premios da Academia, os Oscar; concretamente, nun modesto motel nos arredores da cidade, na habitación que servirá de escenario único, e onde a través dunha cristaleira se ve, de lonxe, o xigantesco cartel de Hollywood.

Aquí chegan Óscar Manzano, un mozo director cuxa curtametraxe foi nomeada aos premios, acompañado, nin sequera el sabe moi ben por que, polo ministro de Cultura Guillermo Barrientos, e a ministra de Facenda Irene Navarro. Entre continuas liortas dos dous políticos, que non se soportan, e a poucas horas de empezar a cerimonia, preséntase na habitación de Óscar a moza Pauline, unha “escort girl”, contratada ás agachadas por Guillermo para que finxa ser a noiva de Óscar durante a gala e a alfombra vermella...

Este imposible grupo de catro vivirá a noite máis tola das súas vidas nese illado motel, atopándose e desencontrándose en algo que nos une a todos: os nosos soños e todo o que perdemos no camiño para conseguilos.

 

Un Oscar para Óscar é unha homenaxe ao divertimento e o absurdo de Miguel Mihura e a súa icónica Tres sombreros de copa –non por casualidade comparten protagonista feminina co mesmo nome–, pero onde nalgún momento o espírito de Luis García Berlanga tomou as rendas. Se durante a súa primeira metade o ritmo e o ton se asemellan ao vodevil máis clásico e á comedia de enredo máis desatada –bonito paradoxo, verdade?–, na segunda, os personaxes alcanzan tal grao de mezquindade, compaixón, desprezo e tenrura, cóctel clave de todo o español, que a feira que se sucede perante os ollos do espectador non pode cualificarse senón de berlanguiana. Esta dobre personalidade dáse tamén nos nosos catro personaxes, pois todos desexan ser outra persoa, ou finxen selo (que é unha maneira de soñar esperto), xa sexa para a galería ou para si mesmos, cambiándose de nome e ata de fronte. Todos temos soños que queremos acadar, pero durante o traxecto para conseguilos quizais deixemos de ser a mesma persoa que ambicionou aquilo que perseguimos. Entón, de quen é o soño? Ningún lugar mellor para tentar responder a esta pregunta que alá onde os soños se fan realidade: Hollywood.

Escrita durante o máis arduo do confinamento, cando máis necesitaba(mos) soñar e rir, presentar ao espectador a Óscar, Pauline, Irene e Guillermo é, este si, un soño feito realidade, que son os únicos que merecen a pena ser compartidos. Coma a risa. Divertirnos xuntos e soñar xuntos, ese si é un Oscar polo que merece a pena vivir.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078