Teatro ¡POR FIN SOLO! de Carles Sans, en Pontevedra
Carles Sans, de Tricicle, chega a Pontevedra coa Tempada de Abonos de Teatro Afundación 2023.
1 h 35 min | Castelán | TP
DIRECCIÓN
José Corbacho e Carles Sans
ELENCO
Carles Sans
«O coñecido humorista fala por primeira vez co público, sen perder a súa esencia xestual»
Un estímulo de risa para todo o público asistente. Agora que Tricicle fai un parón indefinido, Carles Sans, tras 40 anos de silencio, aproveita para falar dos acontecementos e anécdotas profesionais e persoais vividas durante este período. Confesións tan sorprendentes coma a de que antes de convencer os seus socios para formar unha empresa, interesouse polas súas mozas, ou como superou a súa última colonoscopia mentres o doutor falaba de Tricicle.
Un espectáculo baseado en feitos reais que fará rir a quen queiran saber máis sobre Tricicle, que xa forma parte da memoria emotiva do noso país.