• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Teatro PONCIA, en Vigo

Cultura Teatro Xeral De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Teatro PONCIA, en Vigo
  • 05-06-2024 05-06-2024 Teatro PONCIA, en Vigo Baixo a dirección de Luis Luque e co traballo sobre o escenario de Lolita Flores, Poncia, unha das personaxes da Casa de Bernarda Alba de Lorca, amosa unha nova interpretación Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    5 XUÑ 2024

  • Horario:

    20.30 h

  • Entrada:

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial
Mercar

Podes asistir a esta obra de teatro nacional o mércores 5 de xuño no Teatro Afundación de Vigo. Luis Luque, a partir de La Casa de Bernarda Alba de Federico García Lorca e con Lolita Flores, arma unha nova ollada cara á obra do andaluz. Desfruta de Poncia. 

 

Esta obra enmárcase no noso programa solidario Cultura por Alimentos. Accede ao edificio coa túa doazón de alimentos non perecedoiros e axuda os bancos de alimentos locais. Grazas!

En colaboración con FESBAL, Federación Española de Bancos de Alimentos.

Máis información.

 

1 h 10 min | castelán | NRM 14

DIRECCIÓN
Luis Luque

ELENCO
Lolita Flores

PRODUCIÓN
Teatro Español e Pentación Espectáculos

 

«A alma da Poncia ábrese para insistir na necesidade de transferir aos demais a idea de amarnos en liberdade.»

Dentro dunha tormenta de néboa, Poncia, a criada de Bernarda Alba, reza pola morte de Adela. A casa sumiuse nun mar de silencio. Poncia fala soa e tamén con elas, con Bernarda Alba e as súas fillas.


Este texto está escrito a partir das intervencións da personaxe de Poncia na obra de Federico García Lorca. Nunha profunda análise da personaxe rescatei as intervencións de Poncia e convertinas en reflexión, en soliloquios, en diálogos con pantasmas e sombras. Deste xeito, alúmase un novo mirar dentro da casa. Na obra orixinal asistimos a unha sucesión de feitos que se desenvolven, aquí, nesta Poncia, non. Ela fala despois do shock producido polo suicidio de Adela. Todo ocorre despois da súa morte. A lingua de Poncia desátase nun lugar prohibido para as palabras. Poncia axusta contas coas habitantes que sobreviven dentro. Descubrimos a simpatía de Poncia pola máis nova da casa. Reivindícaa. Morreu unha femia valente, di, e cúlpase a si mesma de non facer máis do que fixo para separar os amantes clandestinos.

A Poncia sempre me suxestionou como ningunha outra personaxe das que habitan na casa de Bernarda Alba. As personaxes das criadas encerran un enigma interesante. Son personaxes que son testemuñas dos avatares dos protagonistas. Coñecen a verdade do interior das casas e posúen a filosofía oculta das clases populares. Escoitamos a voz da criada para iluminar os recunchos da obra de Lorca. A Poncia fala de suicidio, de liberdade, de culpa, de clase, de educación, de sexo e fálao con toda a forza da voz que foi maltratada e calada. A alma da Poncia ábrese para insistir na necesidade de transferir aos demais a idea de amarnos en liberdade.

 

XÉNESE- Sendo Miguel Narros director do Teatro Español de Madrid encargou unha nova montaxe da Casa de Bernarda Alba ao director José Carlos Plaza. Este, propuxo a Lola Flores para a personaxe da Poncia. Lamentablemente, por motivos de axenda, Lola non puido facer a montaxe e lamentábase diso no programa La Clave de TVE. Ao saber esta anécdota chegoume a idea de ler a obra de novo e descubrir se podía rescatar a personaxe e facer unha creación escénica a partir del. Vin o incrible material dramático que encerraba Poncia e deseguida chamei a Lolita Flores para propoñerlle que fixese esta personaxe e que imaxinase comigo o que ocorreu nesa casa despois da morte de Adela.

 

Poncia. Tempada de Abonos teatro 2024
Poncia. Tempada de Abonos teatro 2024
Poncia. Tempada de Abonos teatro 2024
Poncia. Tempada de Abonos teatro 2024
Poncia. Tempada de Abonos teatro 2024
Poncia. Tempada de Abonos teatro 2024
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078