Teatro LA ILUSIÓN CONYUGAL, en Vigo
LA ILUSIÓN CONYUGAL
de Eric Assous
DIRECCIÓN
Antonio Hortelano
ELENCO
Álex Barahona, Ángela Cremonte, Alejo Sauras
PRODUCIÓN
Pentación Espectáculos, Paloma Juanes, Alejo Sauras, Antonio Hortelano
1 h 15 min | castellano | NRM 14
Este recital é parte da programación da Tempada de Abonos de Teatro Afundación 2024, coa que desfrutar de todas as obras no Teatro Afundación de Vigo e na Sede Afundación de Pontevedra ata o mes de xuño e a un prezo reducido.
Colle as túas entradas en Ataquilla.com
Esta tempada enmárcase en CULTURA POR ALIMENTOS, un programa lanzado en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír a través de doazóns a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Convidámosvos a todas as persoas que asistades ás funcións a colaborardes coa nosa campaña solidaria, achegando produtos non perecedoiros que se poderán depositar á entrada do teatro.
Unha tarde, María espera o seu marido Maxi na casa. Cando chega, María proponlle un xogo, saber en que punto se atopa a súa relación despois de tantos anos de monotonía. O xogo consiste en saber a cantidade de amantes que tiveron durante o seu matrimonio. A partir de aquí, sairán a relucir as miserias, mentiras e infidelidades das que foron obxecto durante a súa relación, ata chegar a conseguir tirasr coa máscara e mostrarse, dunha vez por todas, como son en realidade.
«Eric Assous móstranos un texto como a vida mesma, cun diálogo directo e áxil, cheo de sorpresas e revelacións, con autenticidade e sen artificios, cun sentido do humor único, contando verdades absolutas sobre a condición humana, onde as aparencias enganan e non todo é o que parece, cando non sabes ben que é verdade e que é mentira, cunha ambigüidade que fortalece a profundidade en cada un dos personaxes que poboan este microcosmos de realidade, espíndoos aos poucos para chegar a desenmascaralos sen contemplacións.
Nada mellor que esta intelixente comedia para ter a sensación de estar a mirar polo asexadoiro a uns seres de carne e óso, coas súas virtudes e defectos, enfrontándose á súa propia e crúa realidade. As diferenzas existentes do universo masculino e feminino, o sexo e o amor, a formulación da moralidade ou inmoralidade. É realmente necesario saber os segredos da nosa parella? Ata onde debemos coñecer os seus segredos máis íntimos? O xogo pode converterse en pesadelo e a verdade doe, doe moito.
A idea dunha posta en escena que conserve a esencia da obra, áxil e divertida, coma se se tratase dunha partida de xadrez, no que ás veces un dos personaxes parece gañar a partida e de súpeto, unha información dá a volta ao marcador. Que as accións do personaxe conten e tamén oculten. Nun só espazo (salón) para poder velos, e outro (habitación, baño e cociña) que non vemos, onde se ocultan e nos preguntamos que fan alí.
O meu obxectivo é poder contar esta historia para que a xente goce desta enxeñosa e brillante comedia e, por suposto, coñeza este autor tan fascinante como imprescindible».
Antonio Hortelano