Teatro LA COARTADA en Pontevedra

Xa podes coller as entradas soltas en Ataquilla.com para asistir ás funcións de teatro incluídas na TEMPADA DE ABONOS DE TEATRO AFUNDACIÓN 2022.
La coartada de Christy Hall
1 h 35 min | Castelán | NRM 14
VERSIÓN E DIRECCIÓN Bernabé Rico | ELENCO María Castro, Miguel Hermoso e Dani Muriel | PRODUCIÓN Txalo
Ana é unha muller ao límite. Divorciada e atormentada polo seu pasado, pide axuda ao seu mellor amigo para prepararse a testificar na que, sen dúbida, será a declaración máis importante da súa vida. Dela dependerá non só a custodia da súa única filla, senón tamén a súa propia liberdade. Ao longo da noite, o enfrontamento descarnado cos seus demos revelará ata onde é quen de chegar para evitar o peor de todos os seus medos: o silencio.
Esta obra supón un reto dramatúrxico: meter a/ o espectador na mente da protagonista para que a acompañe ao longo de toda a función. Para que non a xulgue senón que conviva dentro dela. Para que entenda o porqué dunhas decisións ás que esta nai se ve abocada froito dunhas circunstancias que a superan e contra as que se rebela. La coartada xoga a modo de suspense policíaco unha historia que se vai desvelando progresivamente a medida que nos imos facendo cómplices da súa personaxe principal. Pero coma as grandes obras, esa non é máis cá forma para afondar nun contido de altos voos, dando paso a narrativa a un thriller psicolóxico e este a un drama romántico de crecente intriga ata o seu emotivo e impactante final.
Bernabé Rico