teatro EQUUS de Peter Shaffer, en Pontevedra

1 h 40 min | Castelán | Maiores 16
DIRECCIÓN | Carolina África
VERSIÓN / ADAPTACIÓN | Natalio Grueso
ELENCO | Roberto Álvarez, Álex Villazán, Jorge Mayor, Mamen Camacho, Claudia Galán
PRODUCIÓN | OKAPI Producciones
Esta xoia da dramaturxia universal tráenos un texto complexo no que o psiquiatra Martin Dysart recibe o encargo máis difícil da súa carreira profesional, debe tratar un mozo que cometeu un acto brutal: sacar os ollos cun punzón á media ducia de cabalos que coidaba.
A partir de aquí comeza unha investigación en que o psiquiatra deberá pescudar sobre que levou a este mozo de boa familia, que xamais tivera un problema, a cometer tal atrocidade. Seguindo as regras do thriller psicolóxico, o psiquiatra vai indagando na vida do raparigo para axudalo e, mentres, terá que loitar tamén cos seus propios demos persoais...
Esta tempada enmárcase en CULTURA POR ALIMENTOS, un programa lanzado por Afundación Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír a través de doazóns a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Convidámosvos a todas as persoas que asistades ás funcións a colaborardes con esta campaña solidaria, achegando produtos non perecedoiros que se poderán depositar á entrada do teatro.