Teatro O NOIVO DE ESPAÑA, en Pontevedra
Puido ser o matrimonio do momento, unha unión de conveniencia enormemente mediática en pleno 1952. Os contraentes, dúas estrelas do mundo do espectáculo do momento: o cantante Luis Mariano e a actriz Carmen Sevilla. Temas como a represión da homosexualidade na época ou o exilio republicano son parte da historia da proposta frustrada de voda. O sucedido cóntao agora a obra teatral El novio de España, que chega ao Sede Afundación Pontevedra, dentro da súa Tempada de Teatro, o venres 26 de abril (20.30 horas).
Colle xa as túas entradas en Ataquilla.com.
Christian Escuredo no papel de Luis Mariano.
DIRECCIÓN
Juan Carlos Rubio
DIRECTOR MUSICAL
Julio Awad
ELENCO
Christian Escuredo, Dídac Flores, Carmen
Raigón, Marta Valverde
PRODUCIÓN
TXALO, OLYMPIA METROPOLITANA,
PENTACIÓN
O actor ourensán Christian Escuredo (O Barco de Valdeorras, 1984), coñecido pola súa participación en series como Fariña, Vivir sen permiso ou Pazo de familia, interpreta a Luis Mariano en O noivo de España. Xunto a el, subiranse ao escenario Carmen Raigón, Marta Valverde e Dídac Flores.
O noivo de España volve sobre o momento no que o entón moi popular cantante Luis Mariano trata de mellorar a súa imaxe pública cun matrimonio de conveniencia para ocultar a súa homosexualidade. Aparentar que comunga coas normas do seu tempo permitiríalle, ademais, facilitar o regreso a España dos seus pais, exiliados republicanos. Luis Mariano propoñeralle matrimonio a Carmen Sevilla. Nunca haberá voda, pero a actriz apoiará a Luis Mariano para que consiga o que busca.
O espectáculo é a sexta das propostas teatrais programadas no mes de abril coa Tempada de Abonos de Teatro Afundación 2024. En maio, será a quenda de A profesora, con texto de Eduardo Galán, dirixida por Carla Nyman, e, a continuación, o xa clásico de August Strindberg, Señorita Xulia.
En xuño, o Teatro Afundación programará dúas obras teatrais: o 5 de xuño, Lolita Flores protagoniza Poncia, unha proposta dramática que toma o personaxe da criada de Bernarda Alba, dándolle unha nova vida; e o día 8, chega ¿Buscas pareja? Speed Dating, unha proposta a medio camiño entre obra teatral e stand up comedy, que trata sobre as novas formas de coñecer ou atopar parella a través de redes sociais ou apps de citas.