Teatro EL ABRAZO en Vigo

Xa podes coller as entradas soltas en Ataquilla.com para asistires ás funcións de teatro incluídas na TEMPADA DE ABONOS DE TEATRO AFUNDACIÓN 2022.
A partir de 14 anos.
VERSIÓN E DIRECCIÓN Magüi Mira
ELENCO María Galiana, Juan Meseguer e Jimmy Roca
PRODUCIÓN Pentación Espectáculos
«Interesante relato que se desliza entre a realidade e o onírico con gran destreza»
Unha muller, Rosa, e un home, Juan, de avanzada idade e antigos amantes, reencóntranse e abrázanse despois de case unha vida na que o seu desexo de ter un fillo seguiu latexando. Ese mesmo día, un home aparece feliz na porta de Rosa. É real ou un soño imposible? É un agasallo do destino ou a creación dun problema que as súas vidas son incapaces de asumir? Son os soños, finalmente, a única realidade posible? Christina Herrström pon a proba, con humor e boas doses de acidez, a nosa oxidada capacidade de amar.
Esta función enmárcase en CULTURA POR ALIMENTOS, un programa solidario en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.
Convidámosvos a todas as persoas que asistades a este espectáculo a colaborar traendo produtos non perecedoiros, que poderedes depositar á entrada do teatro.
Entra aquí e infórmate!