Teatro ADICTOS, en Vigo
ADICTOS
De Daniel Dicenta Herrera e Juanma Gómez
1 h 25 min | Castelán | Maiores 16
Dirección: Magüi Mira
Elenco: Lola Herrera, Ana Labordeta, Lola Baldrich
Produtor: Jesús Cimarro
CULTURA POR ALIMENTOS
Coñeces o noso programa solidario? Accede a toda a información desde a nosa web para saber de todas aquelas actividades culturais que podes realizar nos nosos recintos por un intercambio de alimentos non perecedoiros, destinados aos bancos de alimentos locais. A Tempada de Abonos de Teatro Afundación 2023 forma parte da rede de actividades adheridas á iniciativa, polo que te convidamos a deixar a túa doazón á entrada do edificio, no punto habilitado, cando asistas.
A ilusión compartida que nos move! Infórmate aquí
En colaboración con FESBAL, Federación Española de Bancos de Alimentos.
Adictos somos todos…
Adictos xorde da necesidade de abordar unha problemática que nos afecta a todos: ata que punto estamos sometidos pola tecnoloxía? somos realmente libres? que tipo de sociedade construímos? que panorama nos trae o futuro máis próximo? realmente merecémonos o cualificativo de “seres humanos”?
Estas cuestións, que raramente hoxe se ven expostas enriba dun escenario, deben confrontarse co público contemporáneo. A realidade de ADICTOS é a da expansión progresiva da desinformación. Unha ficción cuxas personaxes manifestan inquedanzas que nos incumben a todos, cuestionando paradigmas que, ata o de agora, asumimos como válidos e certos, pero que pode que escondan mentiras que estean a distorsionar as nosas vidas. A transformación da personaxe de Ronsel vén ser unha metáfora da disposición do ser humano para cambiar de actitude.
Os autores reivindican a través deste texto a capacidade de reacción do ser humano. O punto de rebeldía que sempre é necesario para que as cousas evolucionen cara a unha meta mellor, cara ao horizonte en que todos poidamos gozar dunha vida tecnoloxicamente sa e socialmente libre.
Juanma Gómez e Daniel Dicenta Herrera