Teatro UNA PEQUEÑA HISTORIA, con Héctor Alterio, en Vigo

Hai corenta anos, en 1974, o actor arxentino Héctor Alterio chegaba a Madrid para presentar a película La tregua, e o que parecía unha viaxe de traballo foi, en realidade, unha viaxe de vida: as ameazas de morte por razóns políticas baixo a ditadura imposta na Arxentina obrigárono a quedar en España. Sobre ese momento transcendental, constrúese o monólogo Una pequeña historia, no que o actor traza un percorrido pola súa traxectoria persoal e profesional, e que inaugura, o próximo 26 de setembro, a Tempada de Abonos do Teatro Afundación Vigo.
Colle xa as túas entradas AQUÍ.
Completan a programación os espectáculos La mujer sin nombre: Señora de Macbeth (10 de outubro); a comedia Mentiras inteligentes, con María Luisa Merlo á fronte do elenco (7 de novembro); e Pandataria, que lle contará ao público, a partir das linguaxes do teatro e da danza, feitos acontecidos durante a ditadura de Mussolini. Cayetana Guillén Cuervo protagoniza este espectáculo, que pecha a Tempada de Abonos do Teatro Afundación o 12 de decembro.
As entradas están dispoñibles en Ataquilla.com.
Héctor Alterio chegaba a Madrid, naquela viaxe, acompañado pola que é a súa parella desde 1969, Ángela Bacaicoa. Ela, psicoanalista e dramaturga, dirixe agora Una pequeña historia, na que son fundamentais o tango e a literatura, con León Felipe, Borges ou Cátulo Castillo como figuras destacadas do libreto, e co pianista Juan Esteban Cuacci, como compañía imprescindible no escenario. A obra estreouse en Bos Aires con grande éxito de público e excelentes críticas, e, con ela, Alterio despediuse para sempre dos teatros da súa cidade natal.
A Tempada de Abonos de Afundación é parte do programa solidario «Cultura por Alimentos», un programa desenvolvido pola Obra Social de ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Colabora depositando produtos non perecedoiros nos colectores habilitados para tal fin no teatro, que serán repartidos entre persoas e familias vulnerables de Vigo e a súa área de influencia.
Máis información AQUÍ.



1__default.jpg)

