Concerto, REAL FILHARMONÍA DE GALICIA, en Vigo
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) regresa ao Teatro Afundación de Vigo o mércores 19 de febreiro con «Rompendo moldes», un concerto cuxo programa está construído sobre obras de tres dos grandes compositores do romanticismo medio e tardío en Europa: Claude Debussy, Franz Liszt e Joachim Raff. O director titular da RFG, Baldur Brönnimann, levará a batuta e acompañará a formación musical, como solista, a pianista francesa Mirabelle Kajenjeri.
Colle xa as túas entradas soltas AQUÍ.
Este concerto forma parte do noso proxecto solidario CULTURA POR ALIMENTOS, a través do cal che convidamos a asistir ao edificio cunha doazón de alimentos non perecedoiros para axudar os bancos de alimentos locais. Unha iniciativa en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, FESBAL.
Máis información AQUÍ.
Duración | 1 h 30 min
Rompendo moldes
I
CLAUDE DEBUSSY (1862-1918)
Prélude à l’après-midi d’un faune
FRANZ LISZT (1811-1886)
Concerto para piano núm. 2 en la maior, S. 125
II
JOACHIM RAFF (1822-1882)
Sinfonía núm. 5 en mi maior, op. 77 «Lenore»
Coa participación do alumnado da EAEM
A Real Filharmonía de Galicia estará acompañada no concerto por intérpretes en formación na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. E así ha ser tamén nos seus dous próximos concertos programados na primeira parte da Tempada de Abonos de clásica 2025 do Teatro Afundación, os do 11 de abril e o 15 de maio. O 19 de maio, será o conxunto de cámara alemán Hamburger Elbphilharmonisches Sextett quen protagonice a última sesión musical da Tempada antes da parada estival.
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Créase no ano 1996 en Santiago de Compostela, e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia, na cidade de Santiago de Compostela. Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes. Baldur Brönnimann é, desde 2023, o seu director titular e artístico e Sebastian Zinca o seu director. Coa orquestra colaboran os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas de todo o mundo.
A RFG está comprometida en achegar a música clásica a todo o territorio galego, aos públicos máis novos e destaca, ademais, o seu compromiso co patrimonio musical galego. Xestionada polo Consorcio de Santiago, a RFG está financiada pola Administración Xeral do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.
Este concerto forma parte da TEMPADA DE ABONOS DE CLÁSICA Afundación 2025, pola cal podes facerte cun paquete de recitais de música clásica no Teatro Afundación de Vigo desde xaneiro a xuño con prezos axustados, desfrutando de descontos ata do 30 %.
Entra e infórmate de toda a programación AQUÍ.
Aproveita para visitares a nosa axenda web e infórmate de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes ou entra na nosa billeteira online Ataquilla.com para máis actividades escénicas.