Concerto REAL FILHARMONÍA DE GALICIA, en Vigo

Novo concerto da Real Filharmonía de Galicia no Teatro Afundación Vigo o 7 de marzo. Colle xa as túas entradas en Ataquilla.com e acomódate nas nosas butacas para asistires a un recital, dirixido pola reputada directora Johanna Malangré, con repertorio de Jacobo Gaspar, Igor Stravinsky e Robert Schuman. Conta coa participación de alumnado da EAEM e será presentado pola musicóloga Rosa Fernández.
O recital de Jacobo Gaspar, trátase dunha estrea absoluta, encarga da Real Filharmonía de Galicia.
Haberá pausa no medio do concerto.
Duración aprox. 1 h 25 min
Directora Johanna Malangré
ONDAS DE INSPIRACIÓN
JACOBO GASPAR (1975)
De Mar a Mar
IGOR STRAVINSKY (1882-1971)
Danses Concertantes
Marche-introduction
Pas d’action
Thème varié
Pas de deux
Marche-conclusion
ROBERT SCHUMANN (1810-1856)
Sinfonía núm. 2 en Do maior, op. 61
Sostenuto assai; Allegro ma non troppo
Scherzo: Allegro vivace
Adagio espressivo
Allegro molto vivace
Este concerto inclúese no programa CULTURA POR ALIMENTOS, mediante o cal, e en colaboración con FESBAL, te convidamos a traeres a túa doazón de alimentos non perecedoiros cando asistas ao evento para os bancos de alimentos locais. Grazas pola túa colaboración!