• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Concerto REAL FILHARMONÍA DE GALICIA en Vigo

Cultura Concertos Xeral De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Concerto REAL FILHARMONÍA DE GALICIA en Vigo
  • 13-05-2022 13-05-2022 Concerto REAL FILHARMONÍA DE GALICIA en Vigo Goza deste concerto e colabora coa campaña solidaria CULTURA POR ALIMENTOS, depositando alimentos non perecedoiros nos contedores habilitados á entrada do teatro. Colle xa as túas entradas con Ataquilla Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra) Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    13 MAI 2022

  • Horario:

    20.00 h

  • Entrada:

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial

Xa podes coller as entradas soltas en Ataquilla.com para este concerto da TEMPADA DE ABONOS DE CLÁSICA AFUNDACIÓN 2022.

 

Directora SIMONE MENEZES

Soprano CAMILA TITINGER

13 MAI | 20.00 h Duración aprox. 1 h (sen pausa)

 

AMAZONIA

HEITOR VILLA-LOBOS (1887-1959)

Bachianas brasileiras núm. 4, Preludio

PHILIP GLASS (1937)

Augas da Amazonia (orq. Coleman): Metamorfose 1

HEITOR VILLA-LOBOS (1887-1959)

Suite de Floresta do Amazonas (selección Simone Menezes)

 

NOTAS AO PROGRAMA

Euclides da Cunha escribiu: «O Amazonas sempre tivo o don de impresionar as civilizacións distantes». As representacións máis recorrentes da Amazonía producen metáforas opostas: «prisión vexetal», «pulmón do mundo», «inferno verde» e «paraíso na Terra», e esa impoñente selva amazónica, con exuberantes paisaxes, extraordinaria biodiversidade e máxica fermosura, propicia a imaxinación das persoas artistas. A arte, ademais de rexeitar os estereotipos, transcende a realidade como na obra musical de Villa-Lobos, cuxo enorme amor polo Brasil reflíctese en moitas das súas composicións. Floresta do Amazonas é unha das súas últimas creacións de gran formato, unha das páxinas mais representativas da música brasileira pola súa beleza e pola súa técnica compositiva que canta á harmonía entre o home e a natureza. Escrita no Río de Xaneiro en 1958, Villa-Lobos retratou O Brasil a través da rexión mais coñecida e cobizada en todo o mundo, a Amazonía, utilizando unha grande orquestra con claridade, elegancia e intelixencia, e empregando os intricados recursos de técnica de orquestración e composición de forma maxistral. A xénese de Floresta do Amazonas chega co encargo da banda sonora da película Green Mansions, inspirada na novela homónima de William Henry Hudson e producida pola Metro-Goldwyn-Mayer. Villa-Lobos escribiu a música, baseándose unicamente no guión de Dorothy Kingsley, sen ter moita experiencia neste tipo de encomendas e ningunha idea de como sería a película. Pensou que era o mesmo que poñer música a un ballet. Dese xeito, o arranxista da produtora Bronislaw Kaper sincronizou a música co filme escollendo algúns temas do orixinal, que harmonizou e orquestrou de novo, compoñendo case unha nova banda sonora. Dese xeito, Villa-Lobos decidiu aproveitar as partes non utilizadas, engadir coros e voces solistas, pedindo á súa amiga Dora Vasconcellos poemas para catro melodías, e creou así as catro famosas cancións: Veleiros, Cair da Tarde, Canção do Amor e Melodía Sentimental. Como resultado, o gran poema sinfónico-coral (ou suite) para orquestra e voz solista dividido en 21 partes, máis unha abertura e un epílogo que lembran os planos cinematográficos para os que foron concibidos.

 

Na música orquestral destacan os ritmos salvaxes, as melodías con acentos amerindios, as disonancias que tanto asombran e, ás veces, tamén o clima de desolación que marca a inmensidade de certas partes da selva. Villa-Lobos, nesta música evocadora e suxestiva, tenta recuperar a maxia da selva amazónica con cores orquestrais sempre inventivas e sorprendentes, transcribindo ademais o son da choiva, as criaturas que viven aló e os mitos que naceron nese lugar. A riqueza dos timbres engadidos á orquestra ou o dominio da linguaxe e da orquestración contribúen a unha obra tan densa como o propio bosque amazónico, en que a voz ofrece episodios coma os citados textos ou O Fogo na Floresta que, sinistramente, presaxia as vagas de deforestación intensificadas anos máis tarde ata un alarmante aumento nos derradeiros anos.

 

Recentemente, a Academia Brasileira de Música revisou e editou o material e a directora Simone Menezes traballou con eles para crear unha Suite para orquestra sinfónica e soprano integrada polas mellores partes musicais para unha versión de concerto que consta de 11 movementos (4 deles con soprano). A directora describe as pezas para soprano como sorprendentes e cualifica a obra como unha composición elocuente, pero tamén sinxela e directa, a obra dun xenio. Toda a obra é rapsódica, algo polo que Villa-Lobos foi criticado, pero esta é unha música latinoamericana, así que, como comenta Menezes «non podemos agardar unha forma de sonata!». Algo do primitivismo da obra podería evocar a Stravinski, pero a orquestración tivo un efecto significativo en Olivier Messiaen, quen mencionou a influencia do compositor brasileiro na súa Sinfonía Turangalila. Villa-Lobos dicía que as súas obras eran cartas escritas para a posteridade e para Simone Menezes, Floresta do Amazonas «é unha carta que debemos ler».

 

Tamén o Amazonas foi fonte de inspiración para Philip Glass quen, desde hai décadas, establece colaboracións con músicos de distintas tradicións como vehículo da súa propia creatividade.  Como exemplo, Águas da Amazônia escrita nos anos noventa para a compañía de danza Groupo Corpo titulada, orixinalmente, Sete ou oito pezas para un ballet. A música foi retomada polo grupo de percusión brasileiro UAKTI que realizou un arranxo para os seus instrumentos caseiros e gravounas para o selo Point Music. Para entón, a música ampliouse a doce temas (probablemente por iso aparece no catálogo en liña de Glass como Doce pezas para ballet), a maioría deles nomeados como ríos da Amazonía, excepto o último, extraído da peza para piano do propio Glass, Metamorphosis núm.1, tema final que serve como un gran lenzo para a improvisación sobre o esqueleto que é a música de piano do compositor americano. Águas da Amazônia reflicte, sobre todo a través do traballo dos instrumentos de vento e as percusións locais, unha certa presenza xeográfica, deixando que o labor orquestral defina unha plataforma lírica que desborda as referencias culturais máis concretas, dirixíndose cara aos territorios non afastados do que no seu día se definiu como new age. Inspirada pola inmensidade e a diversidade do Amazonas, Glass compuxo esta obra en varios movementos, se poden chamarse así, sen ter nin a dimensión nin as formas habituais nos concertos ou as sinfonías, en que combinou ecos da escritura orquestral que estaba desenvolvendo nese momento con algunhas relacións instrumentais máis concretas co espazo retratado e tamén discretas chiscadelas co jazz. Da man da Orquestra da Radio MDR de Leipzig, dirixida por Kristan Javi, en 2017, Charles Coleman realiza un arranxo que reforza a presenza orquestral sen esvaecer as presenzas que suxiren o fluír das augas. Metamorphosis I é unha mirada minimalista e poética, algo máis que un suave percorrido pola selva tropical, unha viaxe en barco polo río Amazonas, con repeticións impresionantes e salpicado de diferentes pulsacións rítmicas. A escena cambia a cada momento co paso dos animais, os perigos, facendo que a tensión aumente ata o berro de alivio final.

 

Completan o programa as singulares Bachianas Brasileiras de Villa-Lobos, homenaxe a J. S. Bach, cuxa música descubriu nos concertos familiares dos sábados a través da súa tía, a pianista Zizinha Monteiro. Tras percorrer O Brasil e vivir en París, entre 1930 e 1945, escribiu para distintos grupos instrumentais e vocais estas Bachianas que conxugan elementos rítmicos e melódicos propios da música do seu país con tratamentos formais, contrapuntísticos e harmónicos característicos da obra de Bach e o espírito popular brasileiro coa rítmica excepcional do seu folclore. As Bachianas tamén parecen transportarnos á selva brasileira que hoxe centra este programa, nun tempo obstinado, lento e nostálxico. Unha das técnicas máis utilizadas polo compositor nesta serie baséase no método identificado como un xeito de composición habitual, non só nas obras de Bach, senón tamén nas doutros compositores como Vivaldi e Rameau. O seu papel na creación da coherencia harmónica é paralelo ao da secuencia na consecución da unidade melódica, outra característica da música barroca que emprega Villa-Lobos. Os procedementos imitativos, tamén unha técnica distintiva do Barroco, encóntranse tamén en varios xéneros brasileiros, unha circunstancia que ofreceu ao compositor unha flexibilidade maior á hora de unir as dúas linguaxes musicais. Outros trazos comúns son o uso de figuras de ostinato, os tons de pedal e o moto perpetuo. A Bachiana Brasileira núm. 4, composta entre 1930 e 1941, reúne catro pezas: Preludio (1941), Coral: Canto a Sertao (1941), Aria: Cantiga (1935), e Dansa: Miudinho (1930). A partitura foi escrita orixinalmente para piano, pero o propio compositor realizou unha versión orquestral en 1941. O Preludio é a máis abstracta das catro pezas, e o seu sobrio e meditativo carácter lembra a maxestade sostida da zarabanda barroca.

 

Este concerto enmárcase en Cultura por Alimentos, un programa solidario en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.

Convidámosvos a todas as persoas que asistades a este espectáculo a colaborar traendo produtos non perecedoiros, que poderedes depositar á entrada do teatro.

Entra aquí e infórmate!

 

 

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078