• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • UIE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Concerto REAL FILHARMONÍA DE GALICIA en Vigo

Cultura Concertos Xeral De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Concerto REAL FILHARMONÍA DE GALICIA en Vigo
  • 20-05-2022 20-05-2022 Concerto REAL FILHARMONÍA DE GALICIA en Vigo Goza deste concerto e colabora coa campaña solidaria CULTURA POR ALIMENTOS, depositando alimentos non perecedoiros nos contedores habilitados á entrada do teatro. Colle xa as túas entradas con Ataquilla Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra) Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    20 MAI 2022

  • Horario:

    20.00 h

  • Entrada:

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial
Mercar

Xa podes coller as entradas soltas en Ataquilla.com para este concerto da TEMPADA DE ABONOS DE CLÁSICA AFUNDACIÓN 2022.

 

Director PAUL DANIEL

20 MAI | 20.00 h Duración aprox. 1 h (sen pausa)

 

UNHA VIAXE FANTÁSTICA

OCTAVIO VÁZQUEZ (1972)

Ilusións (Māyā), da triloxía Sattva*

HECTOR BERLIOZ (1803-1869)

Sinfonía Fantástica, op. 14: Épisode de la vie d’un Artiste

Rêveries, Passions (Soños, Paixóns)

Un bal (Un baile)

Scène aux champs (Escena nos campos)

Marche au supplice (Marcha ao cadafalso)

Songe d’une nuit du sabbat (Soño dunha noite de bruxas)

*Encarga da RFG

 

NOTAS AO PROGRAMA

Nesta ocasión cústame moito escribir notas de programa sobre a miña peza. Se puidese expresar isto de xeito eficaz con palabras, quizais non tería que ter composto a peza en primeiro lugar. A Encyclopaedia Britannica escribe que Māyā, (sánscrito: «maxia» ou «ilusión») é «un concepto fundamental na filosofía hindú, especialmente na escola Advaita (non dualista) do Vedanta (...) a poderosa forza que crea a ilusión cósmica de que o mundo fenomenal é real». Albert Einstein, nunha carta ao seu amigo Robert S. Marcus, do 12 de febreiro de 1950, escribe «Un ser humano é unha parte do todo, do que chamamos “Universo”, unha parte limitada no tempo e no espazo. Experiméntase a si mesmo, os seus pensamentos e sentimentos, como algo separado do resto, unha especie de ilusión óptica da súa conciencia». Remato cunha cita de Rabindranath Tagore: «O noso eu é māyā cando é meramente individual e finito». Espero que isto proxecte algo de luz sobre o tema desta peza.

Octavio Vázquez

 

A Sinfonía Fantástica, subtitulada Épisode de la vie d’un Artiste foi estreada no Conservatorio de París en 1830, interpretada por unha formación contratada por Berlioz e integrada polas orquestras do Conservatorio e a do Théâtre des Nouveautés baixo a dirección de François Habeneck. O compositor inspirouse nas obras de François-René Chateaubriand, escritor que leu vorazmente durante a súa xuventude e cuxa obra autobiográfica describe a un artista precisamente no estado no que se encontra o heroe da sinfonía, e na actriz irlandesa Harriet Smithson, da que o compositor namorou cando a viu interpretando a Ofelia de Hamlet no Odéon en 1827. Dese xeito, o artista protagonista atormentado polo amor non correspondido pode ser identificado co mesmo Berlioz quen, para o concerto de presentación da sinfonía, escribiu as seguintes notas para o programa:

«A intención do compositor foi tratar varios estados da vida dun artista. Dado que este drama instrumental carece da axuda das palabras, é necesaria unha explicación anticipada do seu plan. O seguinte programa, polo tanto, debe ser pensado como se fose o texto falado dunha ópera, que sirva para introducir os movementos musicais e explicar o seu carácter e expresión.

Soños - Paixóns: O autor imaxina un músico novo, preocupado por esa enfermidade espiritual que un famoso escritor chamado "a decadencia das paixóns", e ve por primeira vez unha muller que posúe todos os encantos cos que sempre soñou, e namora desesperadamente dela. Por algún estraño truco fantástico, a imaxe da súa amada nunca aparece na mente do artista, senón asociada a unha idea musical, na que el percibe un certo carácter apaixonado, pero refinado e tímido que atribúe ao obxecto do seu amor. Esta imaxe melódica e o seu modelo perségueno incesantemente como unha dobre idée fixe[i]. É por iso que a melodía coa que comeza o primeiro allegro aparece constantemente en todos os movementos da sinfonía. A transición dun estado de soño melancólico, interrompida por varios embates de ledicia sen sentido, a unha paixón delirante, con estalidos de ira e celos, a súa volta á tenrura, as súas bágoas e o seu consolo relixioso, todo iso, forma o tema do primeiro movemento.

Un baile: O artista atópase nas circunstancias máis variadas, tanto no medio do bulicio dunha festa, como na apracible contemplación da beleza da natureza; pero en todas partes, na cidade, nos campos, a imaxe da súa amada aparece ante el e turba a súa alma.

Escena campestre: Unha tarde no campo, o mozo músico oe de lonxe dous pastores cos seus  ranz de vaches [ii]; este dúo pastoral, a contorna da escena, o leve murmurio das árbores suavemente axitadas polo vento, certos motivos de esperanza que concibiu recentemente, todo iso combínase para devolver ao seu corazón unha paz descoñecida, e dar unha cor máis leda aos seus pensamentos. Reflexiona sobre a súa soidade; espera deixar de estar só cedo... Mais, supoñamos que ela o engana! Esta mestura de esperanza e medo, esas ideas de ledicia perturbadas por escuros presentimentos, forman o tema do adagio. Ao final, un dos pastores retoma o ranz de  vaches; o outro xa non responde. Sons de tormenta afastada... soidade... silencio.

Marcha do suplicio: Convencido de que a muller que adora non só non responde ao seu amor, senón que é incapaz de comprendelo e que, ademais, é indigna del, o artista envelénase con opio. A dose do narcótico, demasiado débil para quitarlle a vida, mergúllao nun soño acompañado das visións máis horribles. Soña que matou á muller que amaba e que é condenado á morte, levado ao  cadafalso e testemuña da súa propia execución. O cortexo avanza ao son dunha marcha ás veces feroz e sombría, ás veces maxestosa e brillante na que un ruído xordo de pasos pesados conducen sen transición aos estoupidos máis enxordecedores. Ao final da marcha, os primeiros catro compases da idéea fixe repítense como un último pensamento de amor interrompido polo golpe fatal.

Soño dun sábado de aquelarre: Vese a si mesmo no sábado, no medio dunha espantosa multitude de espíritos, feiticeiros e monstros de todo tipo, reunidos para o seu funeral. Ruídos estraños, xemidos, gargalladas, berros afastados aos que outros berros parecen responder. A melodía da amada aparece unha vez máis, pero perdeu o seu carácter nobre e desconfiado; xa non é máis que unha melodía de baile vulgar, banal e grotesca; é ela a que veu ao aquelarre.... Un ruxido de ledicia pola súa chegada.... Únese á orxía diabólica... Tanxer fúnebre de campás, parodia bufa do Dies Irae, a danza do sábado, a danza do aquelarre e o Dies irae combinados.»



[i] O motivo principal que, nesta sinfonía, representa á amada; aparecerá en diversas ocasións ao longo da obra, transformado segundo as circunstancias dramáticas.

[ii] Son os cantos dos vaqueiros de Suíza e de certas partes de Francia. Tócanos con trompas moi longas e úsanos para chamar o gando. Servían aos vaqueiros para se comunicaren de montaña a montaña.

 

Este concerto enmárcase en Cultura por Alimentos, un programa solidario en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.

Convidámosvos a todas as persoas que asistades a este espectáculo a colaborar traendo produtos non perecedoiros, que poderedes depositar á entrada do teatro.

Entra aquí e infórmate!

 

 

Paul Daniel
Paul Daniel
Paul Daniel. Fotografía de Frances Andrijich
Paul Daniel. Fotografía de Frances Andrijich
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • UIE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078