A nena e o grilo nun barquiño. Actividades para escolares. A Coruña
A Sede Afundación da Coruña acolle o 15 e 16 de febreiro A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, dentro da programación de Actividades para escolares 2017/2018 de Afundación. Música e teatro en galego para descubrir o mundo a través da curiosidade e a creatividade, dirixido a escolares de educación infantil (3 a 6 anos).
Actividade destinada exclusivamente á comunidade escolar.
A historia dunha andanza amable e luminosa, máis próxima ao intercambio que á competitividade. As dúas personaxes vivirán unha viaxe coa que descubrir o mundo a través de aventuras que inciden na solidariedade, o respecto pola natureza, a identidade e o universo afectivo. A nena e o grilo nun barquiño, a segunda entrega de A nena e o grilo, soa a ledicia, a tradición e contemporaneidade, a Beatles, a retrousos contaxiosos, a arpas e zanfonas, a guitarra, a silencio...
Como reservar:
• Prazo de reservas ata o 1 de outubro de 2017
• Solicitude a través do formulario de peticións da web escolares.afundacion.org
• Solicitude dun máximo de 150 escolares por centro e actividade (agás A Coruña e Ferrol, cun máximo de 100).
• Achega de 2 €, agás Cinema Submarino e Programa de Educación Financeira de ABANCA, gratuítos. Ingresar no número de conta: 2080 5000 61 3040323643 ES 91. Ao efectuar o pagamento, cómpre indicar o código de ingreso que se comunicará ao confirmar a actividade. Prazo de unha semana antes do comezo da actividade para efectuar o pagamento.
• Comunicación por correo-e das actividades asignadas, que deberán ser confirmadas polo propio centro a través da web.
• Guías didácticas dispoñibles na web.
Infórmate polo miúdo no 986 120 089 e 986 120 078 ou en escolares.afundacion.org