Unha tarde con Ruth Matilda Anderson
Un achegamento á obra fotográfica de Ruth Matilda e aos detalles da súa expedición a Galicia, e de maneira especial, ás fotografías que realizou en Betanzos, e os recunchos que chamaron a súa atención. Tamén se falará de Archer Milton Huntington como fundador da Hispanic Society of America e de cal era o seu obxectivo patrocinando este traballo fotográfico sobre Galicia.
A actividade será conducida por Raul Otero Sánchez, socio do Espazo +60 de Betanzos, e que forma parte do programa de voluntariado "O valor da experiencia" da área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como finalidade potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade, ampliar as súas oportunidades de participación e a súa contribución social, aproveitando o seu talento e a súa experiencia vital.