Comenzan os Mercadillos solidarios nos Espazos +60
Nos Espazos +60 de Afundación organízase unha nova edición dos Mercadiños solidarios, unha iniciativa impulsada polo grupo do Obradoiro Solidario dos centros co obxectivo de recadar fondos que serán destinados a diferentes entidades beneficiarias, reforzando así o papel activo das persoas maiores na construción dunha sociedade máis xusta e solidaria.
Nestes mercadiños poderanse atopar traballos artesanais elaborados polas persoas participantes no Obradoiro Solidario.
A través desta acción, os Espazos +60 reafirman o seu compromiso coa solidariedade e coa participación social das persoas maiores, fomentando valores como a cooperación, o respecto e o apoio á comunidade.
Poderás atopar mercadiños solidarios nas seguintes localidades:
| Espazo +60 | Data | Horario | Entidade beneficiaria |
| Ourense | 2 y 3 de diciembre | 10.00 a 14.00 h | Asociación Española Contra o Cancro de Ourense e Servizo Galego de Saúde. Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras |
| Betanzos | Del 10 al 12 de diciembre | 10.30 a 13.00 h y 16.30 a 19.30 h | Cruz Roja de Betanzos |
| Pontevedra | 10 de diciembre | 11.00 a 13.00 h | Comedor de San Francisco |
| Ferrol | Del 15 al 19 de diciembre | 10.00 a 13.00 h y 17.00 a 20.00 h | Cociña económica |
| Viveiro | Del 15 al 19 de diciembre | 17.00 a 20.00 h | Asociación enfermos Alzheimer Viveiro |
Accede á nosa plataforma de AfundaciónTV para visualizar a labor que realiza cada grupo pinchando en cada unha das localidades.
Achégate e bota unha ollada á oferta de cada Espazo +60!