8ª e 9ª etapa Camiño de Santiago Sanabrés, Espazo +60 Vigo
O luns 15 de xaneiro realizaremos a 8ª etapa do Camiño de Santiago Sanabrés, desde Cea a Castro Dozón (pasando por Oseira), 18,5 km (tramo curto, 14km) cunha dificultade sinxela. Trátase dunha interesante variante, a do mosteiro Santa María a Real de Oseira. Ademais do interese que esperta o mosteiro, seguiremos por unha zona de Galicia moi rural con pequenas poboacións e fermosos bosques. A etapa non é especialmente dura pero si que atoparemos as subidas e baixadas propias de zonas de monte polas que avanzaremos gozando e sen maior problema.
ATENCIÓN: O autobús non pode saír desde a sede de Afundación pola iluminación de Nadal. Saída autobús ás 9.30 horas, na parada de autobús en fronte do NH, en García Barbón, 18-20, e ás 09.45 horas, en Mos-Discoteca Queen.
PREZO:
Adultos: 20€ (inclúe autobús, guía e seguro)
Nenos ata 18 anos: 3€
Prazas limitadas. Cómpre anotarse no Espazo+60 Afundación Vigo antes do 12 de xaneiro, ás 13.30 horas, para a 8ª etapa e antes do 26 de xaneiro, ás 13.30 horas, para a 9ª etapa. Se tes algunha consulta, podes contactar con nós enviando un correo a mais60vigo@afundacion.org ou chamando ao 986 120 071 ou ao 986 223 337.