8.ª etapa Camiño de Santiago Fisterra variante Muxía, Espazo +60 Vigo
__narrow.jpg)
O luns 9 de maio seguimos coa variante a Muxía. Nesta etapa entraremos en Muxía e visitaremos o santuario da Virxe da Barca. Despois seguiremos en dirección a Fisterra e chegaremos ata a aldea de Frixe, acompañados do noso guía de rutas, Ramón Varela. Nesta etapa percorreremos 19,2 km de Muiños a Frixe.
Prezo:
Adultos: 20€ (inclúe autobús, guía e seguro)
Importante, vir vestido con roupa e calzado de sendeirismo. Agradécese PUNTUALIDADE. Se se anota e non vai vir, debe avisar, e se vai chegar tarde, tamén, porque só damos 5 minutos de cortesía, xa que o autobús non pode permanecer estacionado na saída.
Prazas limitadas. Cómpre anotarse no Espazo+60 Afundación Vigo, poñendo un correo a [email protected] ou chamando ao 986 120 071 ou ao 986 223 337 antes do 6 de maio.