+60 online: Realiza estes sinxelos exercicios para aumentar a túa masa muscular

Manter e aumentar a túa masa muscular é imprescindible para conservar as capacidades funcionais e o control do movemento. A partir dos 40 anos perdemos aproximadamente o 8% da nosa masa muscular por década, e acelérase a un ritmo máis rápido despois dos 60 anos. Ter unha boa masa muscular axuda a minimizar lesións fortalecendo os tendóns, os ligamentos e, en xeral, todo o tecido conxuntivo.
En definitiva, traballar a masa muscular optimiza a calidade de vida e neste curso propóñoche manter e aumentar a túa masa muscular realizando exercicios de forza, sempre adecuados ao teu corpo, axudándote de bandas elásticas, pesas ou gomas… dunha maneira sinxela e entretida.
Este curso está adecuado para todos os niveis e condición física.
Este curso está estruturado da seguinte forma:
Realizaremos adestramentos para evitar lesións mediante sinxelos exercicios. Traballaremos para incrementar a túa capacidade de movemento e fortalecer a túa musculatura e descarga muscular a fin de previr lesións e evitar dores nas articulacións. Tamén traballaremos a mobilidade da columna, que é vital para aliviar as dores das costas e para manter unha forma física sa e duradeira.
Traballaremos a flexibilidade para que os teus músculos posúan unha maior liberdade de movemento sen que estes se danen ou se rompan, sempre coordinada con exercicios de respiración, e traballaremos o noso ROM (rango de movemento) como elemento de flexibilidade.
PREZO: 14€
DURACIÓN: 12 horas
Material necesario para esta clase:
Cadeira (xa que traballaremos a maior parte das sesións sentados na cadeira).
Pesas (opcional).
Bandas elásticas (outra opción é traer unhas medias).
Esteira.
Auga para hidratarte.
O curso será impartido por Verónica Costa, bailarina, profesora e coreógrafa con máis de 25 anos de experiencia. Formada en danza clásica e contemporánea e bailarina profesional en compañías de danza contemporánea. Posteriormente, descubriu a cultura oriental, formándose en danza do ventre, Bollywood, Zíngaras e Kathak (danza clásica da India). Tamén está formada en ioga, pilates, masaxe ayurveda e nutrición holística. Actualmente, dirixe a súa propia compañía e escola de danza, e imparte clases e obradoiros.
PREZO: 14€/mes
DURACIÓN: 12 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.